Lourenzá

Etiquetas:
21/07/2015
Lourenzá acollerá cursos de Eso para maiores de 18 anos a partir do mes de setembro, segundo informa o Concello.
 
O Concello de Lourenzá vai acoller dende o mes de setembro clases de ESO para maiores de 18 anos, especialmente pensadas para todos aqueles que desexen sacar o título oficial nun ano. 
As clases están organizadas polo Espacio Garabatos e na súa posta en marcha colabora o Concello de Lourenzá, o que permite uns custes máis económicos para os alumnos.
Os interesados poden atopar máis información dirixíndose á Biblioteca Municipal de luns a venres en horario de 17 a 20 horas durante este mes de xullo, pois en agosto estará pechada. Outras opcións son o correo electrónico formación@espaciogarabatos.com e o teléfono 693.06.53.74.
 
Etiquetas:
21/07/2015
A praza do Conde Santo de Vilanova de Lourenzá acollerá a proxección do documental "A última viaxe do afiador". Será este venres, 24 de xullo.
 
O documental A última viaxe do afiador , de Aitor Rei, proxectarase na Praza do Conde Santo, de Vilanova de Lourenzá, este venres, 24 de xullo, ás 20:30 horas. É unha cita organizada pola asociación de nais e pais de alumnos (ANPA) do colexio Juan Rey e patrocinada pola Deputación de Lugo, coa colaboración do Concello de Lourenzá.
O documental, que foi finalista da XII edición dos Premios Mestre Mateo, retrata un oficio tradicional case desaparecido nos pobos de Galicia: o do afiador. A proxección forma parte do proxecto Achega. Cinema en Movemento, para dar a coñecer o patrimonio cultural e etnográfico a través de asociacións, concellos ou centros de ensinanza.
En caso de choiva a proxección trasladarase ás instalacións do mercado...
leer más
Etiquetas:
20/07/2015
Terras de Lourenzá realizará a Ruta do Masma o vindeiro 2 de agosto. Será para celebrar o día da asociación.
 
A Asociación de Sendeirismo Terras Lourenzá celebrará o Día da Asociación cunha ruta de 12 quilómetros que percorrerá parte dos concellos de Lourenzá e Mondoñedo. Tratáse dunha proposta bautizada como Ruta do Masma, pois terá como eixo condutor este río, e terá lugar o día 2 de agosto ás 9.30 horas na Área Recreativa da Cazolga. A dificultade do percorrido é baixa.
A ruta é a máis importante do ano para a Asociación Terras de Lourenzá e terá forma de camiñata circular: permitirá aos participantes gozar do entorno do Masma e do tramo no que converxe co Baos, tanto no municipio de Lourenzá como de Mondoñedo. O camiño acaba na mesma Área Recreativa na que comezou, onde os participantes farán unha churrascada para repoñer forzas. O grupo pasará na Cazolga toda a tarde e poderá...
leer más
Etiquetas:
09/07/2015
Lourenzá acolle dende o vindeiro luns, 13 de xullo, actividades de verán para nen@s de 4 a 12 anos e Noites Alternativas para rapaces de 12 a 16.
 
O vindeiro luns, día 13, comezan en Lourenzá actividades de verán para nenos e nenas de 4 a 12 anos e tamén o programa denominado Noites Alternativas, para rapaces de 12 a 16 anos. Esta segunda iniciativa faise por primeira vez este ano en Lourenzá.
 
A alcaldesa, Rocío López García, anunciou hoxe que “tras a firma dun convenio de colaboración subscrito entre o Concello e o Ximnasio Multiusos de Lourenzá, a partir do luns 13 de xullo van dar comezo as actividades de verán dirixidas o público infantil e xuvenil. As persoas interesadas en participar poden inscribirse no teléfono 690.18.10.32 ou ben directamente o día da inauguración das actividades na Casa da Xuventude”.
 
... leer más
Etiquetas:
02/07/2015
O Concello de Lourenzá organiza un curso de técnicas de estudo para nen@s de 10 a 14 anos. Dará comezo o 27 de xullo.
 
O Concello de Lourenzá organiza un curso de técnicas de estudo para nenos e nenas de 10 a 14 anos de idade, que comezará o día 27 deste mes de xullo.
 
A alcaldesa, Rocío López García, anunciou que “para este verán o Concello de Lourenzá poñerá en marcha un curso de técnicas de estudo destinado a mellorar o rendemento escolar. Os destinatarios deste programa son os nenos e nenas de 10 a 14 anos. A duración do curso é de 15 horas repartidas en 3 días á semana (luns, mércores e venres) en sesións diarias de hora e media”.
 
A rexedora municipal engadiu que “o inicio do curso é o 27 deste mes de xullo e para anotarse os alumnos poderán pasar pola biblioteca...
leer más
Etiquetas:
24/06/2015
O vindeiro 28 de xuño terá lugar a segunda edición de Todos cara Tovar, que organiza o Concello de Lourenzá. A esta actividade súmanse varias asociacións do municipio.
 
Desde a Asociación de Sendeirismo Terras de Lourenzá explican que "para rematar o mes de xuño, outra pequena ruta. Nesta ocasión, o domingo 28, sumámonos á iniciativa do Concello de Lourenzá e de diferentes Asociacións, para participar na segunda edición da actividade Todos cara a Tovar. No noso caso farémolo camiñando, nun trazado duns 8 kms. e dificultade baixa, que nos levará polo que foron os dominios do Coto de Canedo, posesións do antigo señor de Tovar. Non será necesario anotarse (xa que cada un levará o seu propio avituallamento). Só hai que achergarse ó Pazo ás 16:30 para comezar a camiñar; e ó remate, de volta en Tovar, desfrutar das diversas actividades que se darán cita esa xornada: baile, teatro, fogueira de San Pedro...".
Etiquetas:
22/06/2015
A asociación de Sendeirismo Terras de Lourenzá realizará o sábado, 27 de xuño, a Ruta de Burela.
 
Desde a Asociación de Sendeirismo Terras de Lourenzá “seguimos camiñando neste mes de xuño; e nesta ocasión, para compartir o día especial dunha asociación amiga, a Pasada das Cabras de Burela, que organiza camiñata e celebración para o vindeiro sábado, 27 de xuño”.
 
A saída será ás 9 da mañá do Cantón de Vilanova. E en Burela recorrerán a Serra de Buio e o Monte Castelo. Trátase dun treito de 8,2 quilómetros e a dificultade é baixa. As persoas interesadas en participar deben inscribirse antes das dúas da tarde do vindeiro xoves, 25 de xuño. 
 
 
Etiquetas:
01/06/2015
O Concello de Lourenzá organiza actividades infantís e inaugura unha ruta de sendeirismo para conmemorar o día do medio ambiente.
 
O Concello de Lourenzá organiza actividades infantís, este venres 5, e inaugura unha ruta de sendeirismo, o domingo 7, para conmemorar o Día do Medio Ambiente.
A alcaldesa, Emma Álvarez Chao, anunciou hoxe que “o próximo venres, 5 de xuño, conmemórase o Día do Medio Ambiente e, como non podía ser doutro xeito, dende o actual equipo de goberno do Concello de Lourenzá decidimos celebralo cos máis cativos. Vamos facer uns obradoiros medioambientais, nos que os asistentes poderán facer diversos elementos, como casiñas ou comedeiros para paxaros. Tamén montarán entre todos unha árbore dos desexos, onde se transmitan valores medioambientais, despois de narrar unha historia con temática sobre o medio ambiente. Estas actividades estarán abertas a todo o público e, se o tempo o...
leer más
Etiquetas:
13/05/2015
O 7 de xuño terá lugar un obradoiro de baile tradicional en Lourenzá. Está organizado pola asociación Osorio Gutiérrez.
 
A asociación cultural Osorio Gutiérrez, de Lourenzá, organiza un obradoiro de baile tradicional, impartido por Luis Prego Fernández. 
Este obradoiro terá lugar o 7 de xuño, no pavillón municipal de Lourenzá. Está dirixido a todas as persoas que queiran asistir a partir de 10 anos de idade. E desenvolverase de 10 a 13:30 horas  e de 16 a 19:30 horas. 
O prezo será de 20 euros para os socios (25 euros si inclúe comida) e para os non socios será de 25 euros (30 euros si inclúe comida).
Os interesados poden anotarse antes do 22 de maio no seguinte número de teléfono: 616 63 63 20. As prazas serán limitadas. 
 
12/05/2015
A Biblioteca Municipal de Lourenzá acollerá o 15 de maio o espectáculo "Cóntoche un traxe", de Montserrat Rivera, para conmemorar o día das Letras Galegas.
 
A biblioteca pública municipal de Lourenzá acollerá este venres, día 15, ás 18:30 horas o espectáculo Cóntoche un traxe, a cargo de Montserrat Rivera, para conmemorar o Día das Letras Galegas.
A concelleira de Cultura, Lupe Flórez Seivane, anunciou que “dende o Concello de Lourenzá vimos de presentar a actividade para conmemorar o Día das Letras Galegas nesta edición de 2015. Vai ser este venres, 15 de maio, ás seis e media da tarde na biblioteca pública municipal Juana de Ibarbourou. É unha actividade para tódolos públicos, con acceso libre e trátase do espectáculo Cóntoche un traxe, que correrá a cargo de Monsterrat Rivera, unha das integrantes do grupo Leilía. Esta actividade chega ao noso concello a través do circuíto Ler conta moito, da Rede de Bibliotecas de Galicia...
leer más