Libros

Etiquetas:
03/04/2023

O Concello de Barreiros, a través do obradoiro de emprego que está a levar a cabo xunto co Concello de Ribadeo, inicia a campaña de recollida de libros usados cos que se dotarán as dúas bibliotecas rurais en cuxa posta en marcha xa traballan. A campaña promociónase baixo os lemas “NON DEIXES MORRER OS TEUS LIBROS. Dálles unha segunda vida. Dóaos!”

Os libros poderán ser entregados  no espazo habilitado nas oficinas municipais ou ben na biblioteca municipal no seu horario de apertura e deberán estar en boas condicións de conservación, non atoparse rotos, sucios, danados ou con anotacións. Tamén se recollerán documentos audiovisuais en formatos CD ou DVD.

O prazo para facer estas doazóns rematará o 31 de xullo, xa que con posterioridade á doazón, o material debe ser catalogado polo persoal do obradoiro, xunto ás...

leer más
Etiquetas:
23/08/2022

O Rastro Popular Solidario promovido pola Delegación de Cultura do Concello de Burela contará este domingo 28 de agosto cunha novidade habilitando unha Mesa do Libro solidaria e de intercambio. 

A idea é a de realizar unha proposta aberta para que as persoas que teñan libros que xa non usen ou que simplemente queiran ceder ou compartir con afeccionados á lectura ou veciños que teñan un máis difícil acceso á compra de libros podan facerse con eles de xeito gratuíto. No caso de que queden algúns exemplares cando remate o Rastro, irán para a Biblioteca Municipal.

A mesa estará xestionada por persoal do Concello de Burela co obxectivo de que se depositen o maior número de libros para a promoción da lectura, o intercambio literario e a oportunidade de obter libros de balde, así como darlles unha segunda vida.

... leer más
Etiquetas:
22/08/2022

A xornalista Esther Eiros Rascado, natural de Bretoña, dona ao Concello de Mondoñedo a propiedade de bibliografía composta polos seus libros de viaxes a nivel nacional e internacional, guías e fotografías, así como un resumo dos premios e recoñecementos ao longo dos seus 52 anos de profesión, 33 co premiado programa radiofónico ‘Gente Viajera’. Eiros e o alcalde, Manuel Otero, firmaron este venres o acordo nun acto na Casa do Concello.

Mondoñedo creará, deste xeito, o espazo Esther Eiros, Gente Viajera que a xornalista ofrece á memoria da súa tía Purificación Rascado Alonso, “la persona que me regaló mi primer libro de tapas blandas con poesías de Rosalía de Castro que -junto a la lectura del clásico Cumbres Borrascosas, de Emily Brontë, y de obras de Emilia Pardo Bazán- me inclinó hacia el periodismo, escribir historias y poesía”. Eiros...

leer más
Etiquetas:
14/04/2022

O Grupo de Participación Xuvenil propón a iniciativa “Colle unha historia e deixa outra” dende o próximo luns 18 de abril.

O Concello de Viveiro informa que na derradeira reunión do Grupo de Participación Xuvenil comezou a artellarse a iniciativa de intercambio de libros “Colle unha historia e deixa outra”, con vistas á celebración do día do libro o próximo 23 de abril. A proposta está impulsada pola concellería de Benestar Social en colaboración coa concellería de Cultura. 

Deste modo, o Grupo de Participación Xuvenil de Viveiro deixará unhas caixas decoradas por eles mesmos con libros en diversos puntos da vila dende o próximo luns, 18 de abril. 

“O obxectivo da iniciativa é que a xente descubra libros e lea xéneros que non está acostumada a ler”, sinala a concelleira de Benestar Social...

leer más
Etiquetas:
15/03/2022

Para celebrar o Día Mundial da Poesía o próximo luns, 21 de marzo, o escritor Pablo Trabadelo estará en Burela presentando os seus libros Navalla e Jaloffeim, primeiro para o alumnado do IES Monte Castelo e despois diante do público xeral na sala de usos múltiples do IES Monte Castelo ás 18:30 horas.

O cartel desta actividade foi realizado pola ilustradora Elena San Segundo.

Etiquetas:
25/11/2021

A próxima fin de semana -venres 26 e sábado 27 de novembro- na Libraría Bahía, de Foz, celebran a segunda fin de semana solidaria.

Desde o establecemento explican que “o 10% das vendas destes dous días ímolo destinar a achegar un libro ás nenas e nenos con menos recursos do concello de Foz. En colaboración cos Servizos Sociais, cada unha delas terá un cheque regalo co que se poderá achegar á libraría a escoller o libro que máis lles guste”.

E engaden: “este é o segundo ano que levamos adiante esta acción e con ela pretendemos mandar unha mensaxe solidaria que consideramos necesaria: merquemos pensando tamén nos demais, sempre”.

Etiquetas:
27/07/2021

O Concello de Alfoz acaba de poñer en marcha servizo de biblioteca na piscina municipal, que anunciaron así: “xa podes gozar da lectura na piscina municipal: estreamos Bibliopiscina. Durante o tempo que esteas na piscina podes coller os libros dispoñibles e antes de irte volve deixalos no seu andel. Se non remataches de lelo ao día seguinte podes retomalo (lembra usar o xel hidroalcohólico antes de coller os libros e despois de devolvelos)”.

Os libros non poden sacarse da piscina, só se usarán no tempo que se permaneza nela.

 

07/06/2021

A Casa da Cultura vicedense acollerá o 12 de xuño a presentación do libro "Sucesos marítimos do Porto do Vicedo", de Hixinio Puentes, onde se repasa a historia de diferentes sucesos marítimos dos que o autor puido recompilar información de diferentes fontes e que teñen como punto en común a zona marítima do Vicedo ou protagonistas do Vicedo. O libro contén tamén unha morea de curiosidades sobre a zona e o mundo do mar que o fan moi ameno. A edición do libro contou coa axuda económica da Deputación de Lugo.

A presentación será este sábado, 12 de xuño, ás 12 da mañá no Salón de Actos da Casa da Cultura e contará coa presenza do propio autor, Hixinio Puentes, e do alcalde do Vicedo, Jesús Novo. 

Debido ás limitacións sanitarias da COVID-19 o aforo será limitado.

Etiquetas:
28/03/2021

A Vicepresidencia da Deputación de Lugo entregou 500 exemplares de “Cen historias máxicas pola Mariña encantada”, escrito por Antonio Reigosa e ilustrado por José Luis Neira Brochs,  aos concellos da comarca nun acto celebrado esta mañá no Museo do Mar de San Cibrao.

O Servizo de Publicacións da área de Cultura colaborou na edición do libro, publicado por Libros Lar, coa adquisición dos exemplares que distribuíu entre os concellos para facelos chegar a bibliotecas, centros educativos e outros puntos de lectura e consulta nos distintos municipios.

“Ao apoiarmos esta edición e ao axudarmos a difundila no propio territorio, para o que lles pedimos aos concellos a súa colaboración; estamos a cumprir tanto na Deputación como nos concellos o noso labor de preservación e difusión do patrimonio neste caso intanxible e,...

leer más
Etiquetas:
23/12/2020

A Delegación Municipal de Igualdade do Concello de Xove organizou, en colaboración co CEIP Plurilingüe Pedro Caselles Rollán, un proxecto socioeducativo consistente na elaboración do conto O bote das bolboretas, realizado polos nenos e nenas de 5º de Primaria, sobre a igualdade e a prevención da violencia de xénero. 

Trátase dun traballo financiado con fondos do Pacto de Estado contra a violencia de xénero a través da Secretaría Xeral da Igualdade da xunta de Galicia.

O alcalde, Demetrio Salgueiro, e a concelleira de Igualdade, Ana Abad, fixeron entrega dos exemplares do libro para o alumnado de Infantil e Primaria e para o profesorado do CEIP Pedro Caselles Rollán. Con posterioridade, tamén deixaron algúns exemplares no IES Illa de Sarón.