A asociación cultural Fervenza de Sargadelos organiza, un ano máis, a Noiteboa Infantil no Ecomuseo Terras de Azul Cobalto de Cervo, que se celebrará o próximo 24 de decembro.
As actividades comezarán ás 16:30 horas con xogos de madeira, educativos e orixinais, para toda a familia, que corren a cargo da xoguetería burelá Xogando nas Nubes.
Ás 18:30 horas, presentarase o espectáculo O Crebanoces, unha combinación de teatro actoral e monicreques, que irá da man da actriz Larraitz Urruzola. Ao remate da función haberá chocolatada para todas as persoas asistentes.
Ás 20:00 horas Papá Noel recibirá aos nenos e nenas, e realizarase o sorteo dunha cea para dúas persoas, unha cesta de cinco quilos de centolos nos locais O Caseto de Copa e O Almacén
Esta actividade conta coa colaboración do Concello de Cervo, a embarcación Costa de África, O Almacén e O Caseto de Copa.