Horario
12/06/2015
A oficina de turismo do Concello de Foz, que está situada no edificio do Cenima, amplía o seu horario a partir do vindeiro luns, día 15, e incorporará un traballador máis para a tempada de verán.
A concelleira de Turismo, Maite López Rego, explicou que “como todos os anos nestas datas, vamos aumentar o horario da oficina de turismo. Terá xornada partida: pola mañá atenderemos desde as 10 ás 14 horas e pola tarde de seis a oito. É un horario provisional, que empezará o luns, 15 de xuño, e manterase ata o 15 de setembro. Pero digo que é provisional porque está a punto de entrar unha persoa nova que reforzará este servizo durante os meses de verán, como nos últimos 4 anos, que levamos gobernando no Concello. Vai haber unha persoa que reforzará o traballo da actual técnico de...
leer más