Dende o 7 de abril no Cenima, de Foz , 11 mulleres mariñáns serán as protagonistas da exposición da cuarta edición da Semana das Artes da Mariña lucense. Permanecerá aberta ata o 28 do mesmo mes. Contará coa visita dos escolares e profesores da Mariña, como ven sucedendo nas edicións anteriores, e co público que queira achegarse a contemplar as propostas artísticas destas 11 artistas: Zili Katova, Cristina Basanta, Lucía Vila, Eva Rivas, Alicia Puchades, Carmen LLonín, Adriana Pardo, Laly Santos, Pili Rei, Lucía Catuxo e Renata Otero.
Esta nova proposta pretende integrar arte e educación, como medio de avanzar nos procesos creativos de todas e todos os habitantes da comarca. Coñecemento, creatividade e expresión artística, son os soportes dun desenvolvemento emocional que intenta mellorar as condicións de vida dos/as cidadáns mariñáns. Con esta vocación nace esta cuarta edición da Semana das Artes.