Market
A feira Foz Market abría onte as súas portas na explanada portuaria focense con food trucks, salón do automóbil, ocio infantil e actuacións musicais aos mediodías e polas noites. A entrada a Foz Market é gratuíta e a feira prolongarase ata o vindeiro domingo, día 20. Na súa apertura foi visitada polo alcalde de Foz, Javier Castiñeira, o presidente de ACIA/CCA de Foz, José Carlos Paleo, e outros membros da Corporación Municipal.
O rexedor focense salientou que “estamos nun sitio incrible, na zona portuaria, nun ambiente estupendo. A verdade é que tanto as food trucks, como a zona infantil e de automóbiles fan un recinto que está moi visitable”.
Javier Castiñeira quixo “recomendar a todo o mundo que disfrute dunha fin de semana apaixonante aquí en Foz con cantidade de actividades. Foz Market para todo tipo de...
leer másEste mércores, día 16, abre as súas portas na explanada portuaria focense Foz Market con festival de food trucks, salón do automóbil e diversas actividades. Ese día, ás 20:00 horas, visitarán a feira o alcalde, Javier Castiñeira, o presidente de Acia/CCA Foz, José Carlos Paleo, e representantes dos partidos políticos integrantes da Corporación Municipal focense. A quinta edición da Feira Multisectorial, agora Foz Market, está organizada por EsMarket coa colaboración de ACIA/CCA Foz e o Concello de Foz.
En Foz Market haberá varias actuacións musicais. O mércores, día 16, actuará Doctor Crank, de Gijón, entre as 22:30 e as 00:00 horas. O xoves haberá sesión vermú de 13:00 a 14:30 horas, e sesión de noite de 22:30 a 00:00 horas co grupo Otus Scops, de Luarca. O venres 18 as sesións vermú e de noite estarán amenizadas por Mènage a trois, de...
leer más