Foz

Etiquetas:
30/06/2017

A Delegación de Cultura do Concello de Foz organiza diversas actividades en homenaxe a Arcadio Mon, quen fora director da Banda Municipal de Música. Os actos darán comezo o sábado 8 de xullo e os días 10, 11 e 12 celebraranse dous concertos a cargo da Banda de Música e da Big-Band de Foz e un festival no que intervirán entre outros Escolma de meus, Chingla, Sito Sedes e Tito Calviño. 

O concelleiro de Cultura en Foz, Ánxel Paleo, que tomou posesión do cargo onte, anunciou hoxe que “este sábado, día 1 de xullo, ás seis da tarde será a inauguración da exposición de pintura de José Fernández Campo Alaxe, no Cenima”.

Ánxel Paleo deu a coñecer tamén que “o sábado 8 de xullo darán comezo unha serie de actos e concertos en homenaxe a Arcadio Mon, que fora director da Banda de Música de Foz e fundador da Big-Band de Foz....

leer más
Etiquetas:
21/06/2017

Chega a fin de semana sen IVE a varios establecementos comerciais asociados ao Centro Comercial Aberto de Foz. Durante os días 23 e 24 de xuño, coincidindo coa IV Festa Vintage, haberá descontos especiais en 5 Lobiños, Chinela Nenos, Decoraciones Pura, Don Zapato, Ginzo Hombre, Ginzo Mujer, Hola Ola, Lourdes Lencería y Baño, María Docampo, Vagaluz, Vas’s, Vas’s Outlet e Zapatería Carmen León. 

Todo está listo en Foz para a celebración da 4ª Festa Vintage, que nesta ocasión estará dedicada aos anos 80. Durante toda a fin de semana haberá moitas actividades, tapas e menús vintage e o sorteo presencial de 1.000 euros en vales de compra. 

Un total de 15 locais hostaleiros ofrecerán durante as dúas xornadas, 23 e 24 de xuño, tapas vintage a 1,50 euros e menús vintage por 15 euros. Os participantes son: A Funcional, A Viela, Aroma, Anduriña, Mayros, Costumes do Mar, Fraggle...

leer más
Etiquetas:
16/06/2017

La cafetería Os Castros, del Centro Cívico de Cangas de Foz, acogerá una fiesta del mejillón este viernes, día 16 de junio, que contará con la actuación en directo del músico y cantante Raúl Armada. Será a partir de las nueve de la noche.

En este evento gastronómico y musical además de degustación de mejillones habrá churrasco, criollos, chorizos rojos y una gran variedad de raciones.

La cafetería Os Castros abre todos los días desde las siete y media de la mañana y cuenta con una extraordinaria oferta en desayunos.

 

Etiquetas:
15/06/2017

O Concello de Foz organiza para os meses de xullo e agosto o programa denominado Aberto por Vacacións, destinado a nenos e nenas de 3 a 12 anos de idade.

A Delegación de Xuventude do Concello focense explica que é “un programa de actividades que se desenvolverán de luns a venres de 10:30 a 13:30 horas. O custo é de 15 euros ao mes. O primeiro día de inscrición será o luns 26 de xuño e poden elixir xullo, agosto ou para ambos meses. As actividades comezarán o 5 de xullo, pero antes, o día 3, realizaremos unha reunión de presentación, na que se entregará aos/ás inscritos/as a programación dos primeiros 15 días. Haberá actividades moi variadas para que os/as nenos/as gocen dun gran verán”.

 

Etiquetas:
15/06/2017

A basílica de San Martiño acollerá este sábado, día 17, a décimo primeira edición do encontro internacional de corais Villa de Foz, que organiza a coral polifónica focense e que conta co patrocinio do Concello.

A partir das 19:30 horas a Coral Polifónica de Foz actuará xunto ás agrupacións Coral Erreniega, de Cendea de Cizur (Navarra) e Grupo Coral David de Sousa, de Figueira da Foz (Portugal).

Cada unha das tres corais interpretará cinco cancións e ao final do encontro as tres formacións cantarán conxuntamente O Voso Galo, peza que dirixirá a titular da coral de Foz, Carmen Alonso.

Etiquetas:
14/06/2017

A 4ª Festa Vintage, que organiza o Centro Comercial Aberto, terá lugar os días 23 e 24 de xuño. Nesta ocasión estará dedicada aos anos 80. Durante toda a fin de semana haberá moitas actividades, descontos especiais no comercio, tapas e menús vintage e o sorteo presencial de 1.000 euros en vales de compra. 

Un total de 15 locais hostaleiros ofrecerán durante as dúas xornadas tapas vintage a 1,50 euros e menús vintage por 15 euros. Os participantes son: A Funcional, A Viela, Aroma, Anduriña, Mayros, Costumes do Mar, Fraggle Rock, Marexada, O Carro, Portovello, Dandy, Fina, Xoyma, Tangarte Mariñeiro e Tangarte Mesón. 

O sábado, 24 de xuño, na carpa que estará instalada diante do Concello actuará a partir das 20 horas o grupo Sons Varadero y ás 20:45 horas dará comezo o sorteo presencial de 1.000 euros en vales de...

leer más
Etiquetas:
14/06/2017

A décima edición do Campus de Verán de Patinaxe Artística en Foz, que se celebrará do 26 ao 30 deste mes foi presentado hoxe. No acto participaron a concelleira focense de Xuventude e Deportes, Mercedes González; o presidente da asociación Escolas do Deporte, Ibán García; e a directora do campus, Rebeca Díaz.

O campus, que está organizado polo Concello de Foz e Escolas do Deporte, é de iniciación e perfeccionamento e está dirixido a maiores de 4 anos de idade. A organización explica que esta iniciativa “ofrece, ademais dos aspectos específicos da patinaxe artística, actividades complementarias lúdico-recreativas para que os participantes, ao mesmo tempo de formarse, gocen das praias, de actividades na natureza e de animación e de excursións culturais”.

O prazo de inscrición está aberto ata este domingo, día 18, e...

leer más
Etiquetas:
13/06/2017

O Deputado de Deportes, Pablo Rivera Capón, presentou a 55 edición da Travesía de Foz, que terá lugar o vindeiro domingo 18 de xuño e que reunirá a preto de 500 palistas chegados de toda a xeografía galega e de Asturias. Fíxoo acompañado do Presidente da Federación Galega de Piragüismo, Alfredo Bea García, e o Presidente do Club Kayak Foz, Nacho Romillo, entre outras autoridades.

O Goberno da Deputación achega 7.000 euros para a celebración da Travesía de Foz, a terceira proba deste tipo máis lonxeva de España e a segunda de Galicia, posto que se organizou por primeira vez no ano 1962 e, dende entón,veuse disputando de maneira ininterrompida ata a actualidade.

Rivera Capón destacou que “un ano máis a Deputación de Lugo é a principal patrocinadora desta Travesía, renovando deste xeito a nosa aposta pola proba...

leer más
Etiquetas:
13/06/2017

Este domingo, 18 de xuño, celebrarase a tradicional feira anual de gando que ten lugar na Espiñeira, lugar da parroquia focense de Vilaronte. Neste evento, organizado polo Concello de Foz, haberá actuacións de grupos folclóricos, sesión vermú, concurso de andadura de trotóns e premios ás mellores cabezas de gando.

O concelleiro de Medio Rural, Pedro Fernández Manín, anunciou hoxe que “un ano máis o Concello de Foz vai levar a cabo o próximo domingo 18 a feira que todos os anos se celebra no barrio da Espiñeira, na parroquia de Vilaronte”.

Fernández Manín sinalou que “haberá actuacións folclóricas, esperemos que bastante gando, un bar onde nos servirán churrasco e pulpo e as carreiras de trotóns cuns premios de 150 euros ao primeiro, 100 euros ao segundo e trofeo ao terceiro. Este ano soamente facemos a carreira de...

leer más
Etiquetas:
10/06/2017

A Festa Normanda de Foz incluirá na edición deste ano un concurso de grupos musicais indie, pop, rock ou folk. O certame, que se celebrará o día 1 de setembro a partir das 20:30 horas, foi presentado por membros da asociación Desembarco Normando xunto con Fabio, de Studios Empyreal, de Viveiro.

O prazo de inscrición comezou hoxe, sábado, e rematará o 1 de agosto. Despois deste período a organización escollerá entre todos os grupos inscritos a 8 participantes para actuar no concurso. O premio será a gravación dunha maqueta de 7 cancións.