A Concellería de Medio Ambiente de Xove convoca un CONCURSO DE FOTOGRAFÍA para celebrar o DÍA DO MEDIO AMBIENTE. Titúlase: CAL É O TEU ESPAZO NATURAL PREFERIDO DE XOVE?
Obxetivo do concurso: POTENCIAR O COÑECEMENTO DO MEDIO NATURAL DO NOSO CONCELLO. Para consecución deste obxectivo, buscamos a imaxe preferida de cada participante do espazo natural (praia, campo, monte, rio, xardín, árbore, pena,…) do Concello de Xove. Pode ser unha fotografía dese lugar ou o/a participante realizando unha acción nese entorno natural.
Categorías de participación:
• INFANTIL ---- ata os 12 anos.
• XUVENIL ---- de 13 a 17 anos (ambos incluídos).
• ADULTO ---- de 18 anos en diante.
Premios:
• Un trofeo en cada categoría á foto que máis guste (máis votada) segundo votación popular.
• Un OBSEQUIO institucional a cada participante.
• O prazo de recepción dos traballos comeza o venres 13 de maio e remata o luns 6 de xuño ás 0.00h
• O venres 10 de xuño as fotografías participantes serán publicadas, por categorías, na páxina de FACEBOOK do Concello de Xove , onde a cidadanía poderá votar pola súa foto favorita ata o 14 de xuño, ás 0.00h.
• Cada participante poderá presentar unha sóla fotografía. Pedimos que a fotografía presentada teña unha mínima calidade para ser colgada no Facebook, co fin de facilitar un bó visionado da mesma. A organización do concurso adaptará as fotografías á capacidade da rede na que vai ser publicada.
• A fotografía que máis "ME GUSTA" acade en cada categoría será a gañadora.
Requisitos:
• Para participar as fotografías enviaranse por correo electrónico a medio.ambiente@xove.es.
No correo electrónico, ademáis de incluir a fotografía partricipante, haberá que incluir tamén a seguinte información:
o Nome, apelidos e data de nacemento da autora ou autor.
o Descrición ou título da fotografía.
o Número de teléfono de contacto.
o No caso dos menores de idade tamén se especificará nome, apelidos, e teléfono de contacto das nais/pais ou titora/titor legal.
o Se na fotografía aparecen persoas deberán indicarse os seus datos e a conformidade para ser fotografiada/o.
o Os premios daranse a coñecer o 16 de xuño, a través da mesma páxina de Facebook do Concello de Xove, así como na web www.xove.es.
o O mesmo día, 16 de xuño, comunicarase o día, hora e lugar no que se entregarán os trofeos aos gañaores e a entrega de obsequio a cada participante.