Febreiro é o mes gandeiro no Valadouro. As actividades a desenvolver están organizadas polo Concello e pola Área de Medio Rural da Deputación de Lugo.
O 4 de febreiro terá lugar a IV Feira de Razas Autóctonas, que dará comezo ás 10 da mañá e que vai repartir máis de 5.000 euros en premios. A inscrición está aberta ata o día 1.
O 11 están programadas conferencias agrogandeiras desde as 10 da mañá. Tamén haberá competicións de cabalos: concurso de andadura galega. E desenvolverase unha Ruta de Tapas con carne de razas autóctonas.
E o 18 celebrarase a Feira de Gando, tamén a partir das 10 mañá. O evento repartirá máis de 1.000 euros en premios. A inscrición pódese facer ata o 15 de febreiro.
Desde o Concello sinalan: “vai chegar febreiro, o mes gandeiro por excelencia: feira de razas autóctonas, feira de gando, conferencias, competicións, concursos, ruta de tapeo, música nas rúas e moito máis...Achegádevos ao Valadouro”.