Escolas
A Asociación Cultural Deportiva Xove anuncia que ten aberto ata o 28 de outubro o prazo de inscrición para as Escolas Deportivas Culturais da tempada 2020-2021.
Para participar nestas escolas é preciso ser socio da entidade e aquelas familias ou alumnos/as que se queiran incorporar como socios deberán poñerse en contacto coa xunta directiva da asociación para tramitar a súa inscrición de alta. A cota de socio é 10 euros ao mes por familia, en pagos semestrais, tendo dereito a participar en todas as escolas ou actividades organizadas pola ACD Xove, así como descontos ou gratuidade nas equipacións deportivas que se poñen á venda.
As escolas que se ofertarán para este curso son: patinaxe artística, xadrez, atletismo, bádminton, surf e pintura. Haberá tamén unha escola de natureza.
Comezarán...
leer másO Concello de Cervo anuncia que está aberto o prazo de inscrición nas Escolas Deportivas Municipais Infantís. A tempada dará comezo o día 2 de novembro e as fichas de inscrición facilitaranse na Casa da Cultura ou na Casa do Concello.
Ofertaranse prazas nas modalidades de Ximnasia Rítmica, Multideporte e Patinaxe. A ximnasia rítmica terá lugar os luns, en horario de 16:00 a 17:00, na Casa do Mar de San Ciprián.
A actividade de multideporte desenvolverase os martes, no pavillón A Veiga de San Ciprián, de 17:00 a 18:00 horas, con fútbol sala, baloncesto, skate, MTB, padel e tenis.
A patinaxe artística será no pavillón do IES Marqués de Sargadelos de San Ciprián, os mércores de 16:30 a 19:30 horas.
O Concello de Cervo advirte que, por motivos de seguridade, o aforo das clases será...
leer másO Concello de Cervo, a través da delegación de Deportes que dirixe David Rodríguez, xa ten todo disposto para o inicio da nova tempada das Escolas Deportivas Municipais de adultos que arrincarán o vindeiro xoves, 1 de outubro, cun estrito protocolo de seguridade e limite de aforo motivado polo COVID-19.
Tal e como explica Rodríguez “delimitamos parcelas individuais tanto no Ecomuseo en Cervo como na Cada do Mar en San Ciprián, para garantir a distancia de seguridade á hora de facer cada actividade; e establecemos puntos de desinfección en cada unha das aulas nas que impartiremos ximnasia de mantemento, pilates e aerozumba, actividades coordinadas por Belinda Fra, co apoio do seu equipo de monitores profesionais”.
Desde o Concello recordan que o uso da máscara será obrigatorio en todo momento; así como...
leer másO concelleiro de Deportes, Ramiro Fernández, anunciou que do 28 de setembro ao 1 de outubro estará aberto o prazo de inscrición nas escolas deportivas municipais de inverno que organiza o Concello. Ofértanse 15 prazas como máximo en cada unha das seguintes disciplinas: atletismo, tenis, rutas en bicicleta, patinaxe lúdico e rugby. Todos os asistentes deberán cumprir co protocolo covid e asinar unha declaración responsable. Poderán participar nestas actividades todos os nenos e nenas nad@s entre os anos 2009 e 2016.
O edil burelés contou que “a Delegación de Deportes do Concello de Burela presentou as Escolas Deportivas Municipais de Inverno deste ano 2020. Despois de darlle moitas voltas debido ao covid, decidimos que imos iniciar as escolas con todas as precaucións debidas e con toda a prudencia posible, pero tamén entendemos que debemos...
leer másO Concello de Cervo ten aberto o prazo de inscrición para a nova tempada das Escolas Deportivas Municipais de adultos cun estrito protocolo de seguridade e limite de aforo motivado polo COVID-19.
O edil de Deportes, David Rodríguez, en coordinación coa persoa encargada de impartir as sesións, Belinda Fra, deseñou un protocolo para afrontar este novo curso de carácter excepcional “que arrincaremos o 1 de outubro con ximnasia de mantemento, pilates e aerozumba”; tanto no Ecomuseo de Cervo como na Casa da Cultura en San Ciprián.
As fichas de inscrición facilitaranse e entregaranse no Concello ou na Casa da Cultura e o criterio de admisión fixarase segundo a orde de entrega da documentación; tamén se poden descargar no seguinte enlace:...
leer másA Concellería de Deportes organiza unha nova edición das escolas deportivas de inverno. O prazo de inscrición estará aberto do 25 ao 27 de setembro na Casa da Xuventude, en horario de 8:00 a 14:00 horas, e o prezo será de 8 euros ao mes por cada actividade. As escolas que se ofertan son: tenis, atletismo, patinaxe lúdico e como novidade haberá rutas en bicicleta. O concelleiro de Deportes, Ramiro Fernández Rey, explica que esta tempada non haberá nin zumba nin patinaxe artístico, posto que estas dúas disciplinas eran impartidas por unha empresa contratada polo Concello e ao estar a Corporación Municipal en funcións a lexislación non permite facer estas licitacións.
O edil contou que “do día 25 ata o día 27 está aberto o prazo de inscrición nas escolas deportivas de inverno do Concello de Burela. O prezo de cada actividade vai ser de 8 euros mensuais e para...
Do 16 ao 30 de setembro estará aberto o prazo de inscrición nas Escolas Deportivas do Concello de Ribadeo para tempada 2019/20. En total son 12 as modalidades ofertadas. O pagamento da matrícula, 60 euros por escola, poderá facerse ata o 15 de outubro. A nova edición das Escolas foi presentada hoxe polo concelleiro de Deportes, Jorge Díaz, e polo técnico municipal de Deportes, Iván López.
As modalidades deportivas que se impartirán son atletismo, baloncesto, fútbol, fútbol sala, hoquei liña, natación, pádel, patinaxe, rugbi, tenis, tenis de mesa e ximnasia rítmica. O inicio das escolas terá lugar entre o 16 de setembro e o 15 de outubro e o remate será entre o 16 de maio e o 15 de xuño. Están destinadas a nenas e nenos nados entre os anos 2006 e 2015. Nas escolas con límite de prazas realizarase un sorteo entre os inscritos o 2 de outubro...
leer másA Concellería de Deportes organiza, un ano máis, as escolas deportivas de verán que darán comezo o 1 de xullo e rematarán o 23 de agosto. As persoas interesadas poden inscribirse do 24 ao 26 de xuño nas distintas actividades que van desde multideportes e xogos tradicionais ata patinaxe, pasando por xogos na praia e rutas en bicicleta. Poderán participar os nen@s nad@s entre os anos 2013 e 2007. No grupo de nen@s de 5 a 7 anos haberá 15 prazas, e os grupos de 8 e 9 anos e maiores de 10 anos contarán con 20 prazas cada un. A adxudicación de prazas farase por rigorosa orde de inscrición e o prezo é de 8 euros ao mes por actividade.
O concelleiro de Deportes en Burela, Ramiro Fernández Rey, explicou que “empezamos a repartir a nota informativa e a ficha de inscrición para as escolas deportivas do verán. Imos ter, como todos estes anos,...
leer másEstá aberto o prazo de inscrición nas escolas deportivas municipais de verán, organizadas pola Concellaría de Deportes de Ribadeo. As actividades están dirixidas a nenos e nenas de 8 anos en diante, terán preferencia os empadroados/as ou escolarizados/as en Ribadeo e as prazas cubriranse por rigorosa orde de inscrición. As persoas interesadas poden obter máis información na oficina da área de Deportes en Casa da Xuventude na rúa Antonio Otero-15, ou no teléfono 982 129 889.
Estas escolas ofertan as modalidades de Pesca Deportiva, Surf, Piragüismo, Remo e Rugbi Praia.
En Surf hai 20 prazas, comeza o día 7 de xuño e desenvolverase en xuño, os martes e venres de 16:00 a 18:00 horas, e do 1 ao 5 de xullo de luns a venres, de 16:00 a 18:00 h.
En Pesca Deportiva hai 20 prazas e terá lugar os...
leer másO Concello de Cervo abriu hoxe, mércores, o prazo de inscrición para a nova tempada das Escolas Deportivas Municipais ofrecendo un amplo abanico de actividades –ata quince- pensadas para todos os públicos.
O edil de Deportes, José Ramón Soto, e a de Educación, Dolores García Caramés, desprazáronse ata os centros educativos da localidade para entregar aos pequenos e pequenas o folleto informativo e as inscricións, que poden entregar na Casa do Mar, na Casa do Concello ou ben ao monitor/a correspondente o día que dea comezo a actividade.
Os pequenas e pequenas poderán asistir a actividade de pequexogos, fútbol sala, patinaxe artística, tenis e ping pong, pádel, bádminton (novidade como actividade independente, xa que anteriormente incluíase nos xogos de raqueta) multideporte –hóckei, atletismo, xogos populares…-, ou...
leer más- « primero
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- siguiente ›
- última »