Escolas

Etiquetas:
27/09/2015
As escolas deportivas municipais de Burela botarán a andar o 5 de outubro. O Concello oferta cinco displicinas: tres gratuítas e dúas de pago.
 
O vindeiro 5 de outubro darán comezo as Escolas Deportivas Municipais, que organiza o Concello de Burela e que se prolongarán ata o 27 de maio. Serán cinco as disciplinas que se impartan: patinaxe lúdico, tenis de mesa, bádminton, patinaxe artístico e ballet. As fichas de inscrición entregaranse na Casa do Concello do 28 de setembro ao 1 de outubro en horario de 8 a 14 horas. Desde a Delegación de Deportes advirten que “todo aquel rapaz ou rapaza, que non teña formalizada e entregada a ficha de inscrición non poderá asistir a actividade ata realizar dito requisito”. Nas Escolas Deportivas Municipais poderán participar os nenos e nenas nados entre os anos 1999 e 2010. 
O concelleiro de Deportes, Ramiro Fernández, sinala que “as actividades de patinaxe lúdico, bádminton e...
leer más
Etiquetas:
22/09/2015
As Escolas Deportivas Municipais de Foz darán comezo o vindeiro 28 de setembro. O prazo de inscrición está aberto.
 
As Escolas Deportivas Municipais de Foz presentan mañá, mércores, ás 18 horas na Casa da Cultura de Foz, coa presenza do alcalde, Javier Jorge Castiñeira, as súas actividades para a vindeira temporada, que comeza o vindeiro luns, 28 de setembro. As disciplinas, sete en total, van dirixidas a nenos e nenas nados a partir do 2000 ata o 2012. O prazo de inscrición está aberto.
 
Os nenos nados en 2011 e 2012 tamén teñen unha actividade específica para eles, os Pequexogos, que se desenvolverán na Sala Bahía, de 16:15 a 17:15 horas os mércores e os xoves de 18 horas a 19 horas. Con ela quere facilitarse a relación con outros nenos e a aprendizaxe de valores de xogos, así como a iniciación para a práctica de futuros deportes.
... leer más
Etiquetas:
18/09/2015
Aberto ata o 26 de setembro o prazo de inscrición das Escolas Deportivas e Culturais da ACD Xove. Darán comezo o 5 de outubro.
 
Ábrese o prazo de inscrición para as Escolas Deportivas e Culturais da ACD Xove, para a vindeira temporada 2015-2016. 
A data tope de inscrición será o 26 de setembro e o 3 de outubro será a presentación no salón de actos do Concello de Xove. As actividades darán comezo o 5 de outubro. 
A Asociación Cultural-Deportiva ACD Xove, presenta as seguintes Escolas Deportivas e Culturais. 
1.Xogos Predeportivos (nenos-as de 3-4 anos)
2.Patinaxe Artística ( de 5 ata 16 anos)
3.Fútbol Sala (de 5 ata 16 anos)
4.Fútbol 8 (de 7 a 12 anos)
5....
leer más
Etiquetas:
18/09/2015
Ata o 30 de setembro está aberto o prazo de inscrición nas Escolas Deportivas Municipais de Inverno do Concello de Ribadeo.
 
O prazo para matricularse nas Escolas Deportivas Municipais do Concello de Ribadeo estará aberto ata o 30 de setembro, debendo realizarse o pago das correspondentes taxas ata o 16 de outubro. O inicio do curso realizarase entre o 15 de setembro e o 15 de outubro e rematarán entre o 15 de maio ao 15 de xuño.
A cota por escola é de 60 euros e a matrícula está aberta aos cativos nados entre 2002 e 2011, ambos incluídos. 
Nas escolas con límite de prazas realizarase un sorteo entre os inscritos o día 1 de outubro, tendo preferencia os empadroados ou escolarizados en Ribadeo. No caso da falta continuada, o alumno será dado de baixa e a súa praza será ocupada polo primeiro na lista de reserva. Existen axudas para o pago total ou parcial da...
leer más
Etiquetas:
09/09/2015
Presentadas as escolas deportivas municipais de Cervo para a tempada 2015-2016. As actividades empezarán o 28 de setembro.
 
O concelleiro de Deportes, José Ramón Soto Martínez, e a de Xuventude, Dolores García Caramés, presentaron as escolas deportivas municipais para a tempada 2015-2016. As actividades empezarán o 28 deste mes de setembro e previamente, o día 24, terá lugar a presentación oficial no auditorio da Casa da Cultura de San Ciprián. 
 
José Ramón Soto explicou que esta iniciativa “esta en marcha dende no Concello de Cervo dende o ano 2007, o que representa unha clara aposta polo deporte base por parte deste Concello, como no podería ser de outra forma. A tempada pasada pechouse con 300 participantes, entre adultos e nenos, e pensamos que nesta edición manterase o número de participantes e incluso poderase superar”.
... leer más
Etiquetas:
02/06/2015
Abierto hasta el 30 de junio el plazo de matrícula para el curso 2015/16 de la ED Burela FS.
 
La ED Burela FS ya tiene abierta la matrícula 2015-16 reforzando su cuidado por los más pequeños, con la incorporación de la categoría de Iniciación para el nuevo curso, correspondiente a los niñ@s nacid@s en 2010 y 2011. La escuela naranja acogerá también grupos de Miniprebenjamín, Prebenjamín, Benjamín, Alevín e Infantil. El plazo estará abierto hasta el martes 30 de junio. 
 
La inscripción continuará siendo gratuita y su formalización se realizará en las oficinas del club (Avda. Arcadio Pardiñas, nº 91, bajo). También se podrá descargar el formulario desde www.burelafs.org y enviarlo al correo electrónico...
leer más
Etiquetas:
28/04/2015
Aberto o prazo de inscrición nas escolas deportivas de verán do Concello de Ribadeo. En total ofértanse 95 prazas en pesca deportiva, piragüismo, remo, surf e vela.
 
Hoxe ábrese o prazo de inscrición nas escolas deportivas de verán do Concello de Ribadeo destinadas a nenos e nenas nados entre os anos 2000 e 2007. As modalidades que se ofertan neste 2015 son: pesca deportiva, piragüismo, remo, surf e vela. 
A cota da matrícula é de 40 euros. O pagamento da taxa deberá facerse efectivo na conta corrente que o Concello ten en Caixa Rural antes do comezo da escola e indicando no concepto: matrícula escola deportiva, así coma o nome do rapaz ou rapaza matriculad@. O resgardo debidamente cumprimentado será entregado na Casa da Xuventude. Existe a posibilidade de subvencionar a matrícula, segundo a ordenanza de bases de acceso a prestacións económicas para actividades dirixidas a menores, organizadas polas Concellarías de Cultura, Educación e...
leer más