Ruleta
A Asociación de comerciantes do Centro Histórico de Viveiro pon en marcha a partir de mañá, 7 de febreiro, a campaña de San Valentín 2025, ca Ruleta do Amor, que repartirá máis de 2.000€ en premios.
O venres 14 de febreiro instalarase na Praza Maior unha carpa onde estará ubicada a “Ruleta do Amor” que repartirá uns premios moi amorosos valorados en máis de 2.000€. Sortearanse ceas románticas, masaxes en parella, botellas de espumoso rosado galego “Brinde de Rosas”, caixas doces, paraugas personalizados, tote bags, entradas de cine dobres, e vales de 5€ para gastar en calquera dos negocios asociados ó CCHV. Unha morea de premios para premiar a fidelidade dos clientes do comercio local.
O horario será de 11:30 a 13:30 e de 17:30 a 20:00 ou ata esgotar os premios (fixando como horario máximo as 20:00 horas). Os...
leer más