Entroido

Etiquetas:
19/01/2016
O 21 de xaneiro remata o prazo de reserva de entradas para a cea de coroación da Raíña do Entroido de Foz 2016 e das súas damas. O evento será o 23 na Sala Bahía.
 
Este xoves, día 21, remata o prazo de reserva de entradas para a cea de coroación da raíña do Entroido de Foz 2016, que é Andrea Rouco Posada, e das súas damas: Nuria Díaz García e Alba Goás Freire. O evento terá lugar este sábado, día 23, ás dez da noite na Sala Bahía.
O menú da cea inclúe sopa, cocido, postre, viños tinto e branco, café e chupito. Estará amenizada polo dúo Eclipse e o prezo por persoa é de 23 euros. A reserva de entradas hai que facela na Delegación de Cultura do Concello de Foz ou chamando ao teléfono 982.140.027.
 
Etiquetas:
19/01/2016
Ata o 8 de febreiro está aberto o prazo para anotarse no desfile de Entroido de 2016 en Burela.
 
As inscricións do Desfile de Entroido de 2016 faranse directamente na Casa da Xuventude de Burela, de forma presencial, por teléfono ou por correo electrónico, segundo informa a Concellería de Cultura. 
 
As modalidades nas que se poden apuntar son: 
-Adulto individual
-Adulto parella
-Adulto grupos
-Adultos carrozas
-Infantil individual (menores de 12 anos)
-Infantil parella (menores de 12 anos)
-Infantil grupos (50% + 1 menores de 12 anos)
 ...
leer más
Etiquetas:
18/01/2016
O Entroido mindoniense celébrase o 13 de febreiro con novidades na súa programación, que organizan o Concello e a ACIAM, ademais dun grupo de voluntarios.
 
O Entroido de Mondoñedo celebrarase este ano o sábado 13 de febreiro. Organizado polo Concello(a través da Concellería de Xuventude que dirixe Alberto García), e a Asociación de Comerciantes, Industriais e Autónomos da localidade (ACIAM), en colaboración con voluntarios; conta cun programa que presenta importantes novidades que “melloran o seu atractivo, co que se buscan dar un pulo a esta cita anual”.
 
O Entroido mindoniense de 2016 inclúe un incremento no número de diferentes categorías que poden participar no desfile e melloras no catálogo de premios,  amais de contar con cartel musical.
 
En concreto,  haberá novas categorías de participantes no...
leer más
Etiquetas:
16/01/2016
O venres de comadres e o baile xuvenil son algunhas das novidades do Entroido 2016 en Ribadeo.
 
O programa do Entroido 2016 inclúe coma novidades a celebración do venres de comadres e o baile xuvenil. Haberá novamente a Gala do Entroido, concurso de disfraces nas redes sociais e a festa do cocho, nos restaurantes que queiran sumarse á iniciativa. A comisión presentouse hoxe.
Os organizadores sinalan que “un ano máis xuntámonos para anunciarvos a celebración do Entroido. Este ano somos madrugadores e vimos con moitas ganas de festa e con algunha sorpresa moi especial: imos sacar dos nosos armarios as tradicionais “mascaritas” coas que tantas veces temos celebrado o carnaval polas rúas da vila. Será unha boa ocasión para que nos animemos todos e todas a lucir as nosas “mascaritas” nos distintos actos cos que imos celebrar esta cita”.
... leer más
Etiquetas:
14/01/2016
O ciclo de teatro nas parroquias, organizado polo Concello de Foz, chega en xaneiro a San Martiño e a Fazouro. E o 23 será a coronación da raíña do Entroido.
 
O ciclo de teatro nas parroquias organizado polo Concello de Foz reanúdase este sábado cunha representación en San Martiño e o día 24 deste mes, domingo, haberá outra en Fazouro. Anunciouno hoxe a concelleira de Cultura, Silvia Blach Cuesta.
A edil deu a coñecer que “este sábado, día 16, ás oito e media da tarde en San Martiño, concretamente no local social de Ferreira a Vella, seguimos co terceiro ciclo de teatro nas parroquias. Esta vez tócalle á agrupación Pico do Castro, de Foz, que vai representar a obra De vello gaiteiro. A entrada é de balde, pero agradécese sempre a axuda para o banco de alimentos do concello, polo que teremos alí un lugar de recollida”.
Silvia Blach engadiu que “o sábado 23 comezamos cos actos programados...
leer más
Etiquetas:
11/11/2015
A programación cultural de Foz para os vindeiros días inclúe contacontos, cinema, concursos infantís e música. Ata o 23 de novembro está aberto o prazo para a presentación de candidatos a rei ou raíña do Entroido.
 
O Concello de Foz ofrece unha axenda cultural chea de actividades para os vindeiros días. Silvia Blach, concelleira de Cultura, explicou hoxe as diversas propostas das que poderán gozar os veciños, nas que destaca o cine, a música, as conferencias médicas e o ocio infantil.
“Para este mes temos convocados varios concursos: o primeiro é o de postais de Nadal, para que todos os nenos participen debuxando algo sobre o Nadal e poden presentalo na Biblioteca ou na Casa da Cultura ata o 26 de novembro”, explicou a edil.
Outro dos certames en curso é o do Rei e Raíña do Entroido. Blach indicou que os interesados “teñen que presentar os seus datos, dúas ou máis fotos recentes e un pequeno escrito explicándonos o que queren facer cando sexan...
leer más
Etiquetas:
21/02/2015
Este domingo, 22 de febreiro, terá lugar unha nova edición do tradicional Mercado do Souto, en Cervo. A organización anima a acudir a esta cita relacionada co Entroido.
 
Mañá, 22 de febreiro, entre as 10 e as 14 horas terá lugar unha nova edición do tradicional Mercado do Souto en Cervo, organizado por Karrikanta e Airiños do Xunco.
Os que se acheguen ata alí poderán saborear callos preparados, hortalizas, doces, pan, empanadas, requeixo e outras viandas. Desde a organización animan a "participar na cita con doce doces: orellas, filloas, rosquillas, frores... Haberá un agasallo para o máis tradicional e para o máis anovador. Teranse en conta as materias primas utilizadas na eleboración e a súa presentación". 
Etiquetas:
19/02/2015
A charanga da EMMeD, de Ribadeo, visitará este mércores, 19 de febreiro, o hospital asilo e o centro de día.
 
O alumnado e o profesorado da Escola Municipal de Música e Danza visitarán esta tarde o hospital asilo e o centro de día, segundo ven de anunciar Hugo García, director da EMMeD. 
“Antes de que a queima do boneco poña punto e final ao Entroido 2015, o alumnado e o profesorado da EMMeD queren celebrar coas persoas maiores do asilo e do centro de día estas festas. Hoxe pola tarde ás 16 horas levarán o seu espectáculo da charanga de Entroido a estes dous espazos”, indicou García. 
O director da EMMeD dixo que “desde hai uns anos vivimos con moita forza o Entroido na Escola e queremos trasladar esa paixón a todas as persoas que, por uns motivos ou outros, non poden vivilo nas rúas. Por elo lles achegaremos a nosa música e o noso baile”....
leer más
Etiquetas:
18/02/2015
O Entroido de San Román, en Cervo, repartirá 1.500 euros en premios este sábado, 21 de febreiro. Os actos inclúen desfile, concurso e baile coa Orquestra Palladium.
 
A Asociación Mulleres Rurais As Espalladoras e o Concello de Cervo presentaron hoxe o cartel e o programa do Entroido de San Román que terá lugar este sábado. No acto estiveron presentes o alcalde de Cervo, Alfonso Villares, a edil de Xuventude, Yolanda Pedreira, a de Cultura, Begoña Alonso, a presidenta das Espalladoras, Inés Cobas e a tesoureira, Raquel Ferreira, entidade que organiza os eventos e coa que colabora o Concello así como a Asociación de Montes de San Román e a Fundación Alcoa.
En canto ás actividades, comezarán ás 22:30 horas no pavillón da parroquia co desfile de disfraces e o concurso, no que se repartirán ata 1.500 euros en premios repartidos nas categorías individual, parellas, grupos, comparsas (máis de 10 persoas) e charangas (con instrumentos musicais...
leer más
Etiquetas:
17/02/2015
Cea de entroido o sábado de piñata no Círculo Recreativo Casino de Mondoñedo. As entradas xa están á venda.
 
Están á venda no Bar Central e no Rincón de Mondoñedo as tarxetas para asistir á cea baile do vindeiro sábado, 21 de febreiro, no Círculo Recreativo Casino de Mondoñedo. Os asistentes degustarán: sopa de cocido, cocido, orellas e roscas, os viños serán albariño e rioja e haberá tamén café e chupitos. O prezo por comensal é de 20 euros. 
Desde a organización informan que haberá dous premios en cada unha das seguintes categorías: grupos, parellas e individuais. A festa estará amenizada polo dúo Diamantes.