As inscricións do Desfile de Entroido de 2016 faranse directamente na Casa da Xuventude de Burela, de forma presencial, por teléfono ou por correo electrónico, segundo informa a Concellería de Cultura.
As modalidades nas que se poden apuntar son:
-Adulto individual
-Adulto parella
-Adulto grupos
-Adultos carrozas
-Infantil individual (menores de 12 anos)
-Infantil parella (menores de 12 anos)
-Infantil grupos (50% + 1 menores de 12 anos)
As inscricións pódense facer todos os días da semana de 9:30 a 14:00 e 17:00 a 20:00 horas, agás o venres, que será de 9:00 a 14:00 horas. O prazo remata o 8 de febreiro.
O teléfono para anotarse é o 982 58 11 41 e o correo electrónico: casaxuventude@burela.org