A charanga da EMMeD, de Ribadeo, visitará este mércores, 19 de febreiro, o hospital asilo e o centro de día.

A charanga da EMMeD, de Ribadeo, visitará este mércores, 19 de febreiro, o hospital asilo e o centro de día.
 
O alumnado e o profesorado da Escola Municipal de Música e Danza visitarán esta tarde o hospital asilo e o centro de día, segundo ven de anunciar Hugo García, director da EMMeD. 
“Antes de que a queima do boneco poña punto e final ao Entroido 2015, o alumnado e o profesorado da EMMeD queren celebrar coas persoas maiores do asilo e do centro de día estas festas. Hoxe pola tarde ás 16 horas levarán o seu espectáculo da charanga de Entroido a estes dous espazos”, indicou García. 
O director da EMMeD dixo que “desde hai uns anos vivimos con moita forza o Entroido na Escola e queremos trasladar esa paixón a todas as persoas que, por uns motivos ou outros, non poden vivilo nas rúas. Por elo lles achegaremos a nosa música e o noso baile”.
Logo de participar no desfile do martes de Entroido, no que o grupo da EMMeD de Ribadeo gañou o 1º premio na categoría de Contracharangas esta actuación baixa o pano do Entroido 2015 para a actividade do centro.