O ciclo de teatro nas parroquias, organizado polo Concello de Foz, chega en xaneiro a San Martiño e a Fazouro. E o 23 será a coronación da raíña do Entroido.

O ciclo de teatro nas parroquias, organizado polo Concello de Foz, chega en xaneiro a San Martiño e a Fazouro. E o 23 será a coronación da raíña do Entroido.
 
O ciclo de teatro nas parroquias organizado polo Concello de Foz reanúdase este sábado cunha representación en San Martiño e o día 24 deste mes, domingo, haberá outra en Fazouro. Anunciouno hoxe a concelleira de Cultura, Silvia Blach Cuesta.
A edil deu a coñecer que “este sábado, día 16, ás oito e media da tarde en San Martiño, concretamente no local social de Ferreira a Vella, seguimos co terceiro ciclo de teatro nas parroquias. Esta vez tócalle á agrupación Pico do Castro, de Foz, que vai representar a obra De vello gaiteiro. A entrada é de balde, pero agradécese sempre a axuda para o banco de alimentos do concello, polo que teremos alí un lugar de recollida”.
Silvia Blach engadiu que “o sábado 23 comezamos cos actos programados para a celebración da vixésimo quinta edición do Entroido de Foz, coa cea de coroación da raíña. Vai ser ás dez da noite na Sala Bahía, a gala vai estar amenizada polo dúo Eclipse e a reserva de entradas hai que facela na Delegación de Cultura do Concello de Foz ou chamando ao teléfono 982.140.027 ata o día 21 de xaneiro. Do 23 de este mes ao 12 de febreiro teremos no Cenima a exposición dedicada a Pilarín Varela”.
A edil de Cultura rematou comentando que “o domingo 24 ás sete e media da tarde en Fazouro teremos unha representación do ciclo de teatro nas parroquias. Vai ser na antiga escola e o grupo O Centiño ofrecerá a obra O caldeiro máxico. Igual que na do sábado 16, a entrada é de balde pero agradécese a axuda para o banco de alimentos do concello”.