Compras
O Centro Comercial Histórico de Viveiro aposta unha vez máis por impulsar as compras e o ocio na súa cidade. Pon en marcha este venres 2 e o sábado 3 de Xuño a campaña Shopping Weekend, un fin de semana de compras ofrecendo fantásticos descontos en miles de artigos.
Unha oportunidade para pasar a fin de semana realizando compras nos 52 comercios participantes na campaña e desfrutar de descontos do 20% en miles de artigos. Participan locais de moda, calzado, complementos, artigos de deporte, lencería, xoias, mobles, decoración, perfumería, beleza, xoguetes, artigos para o fogar, alimentación, iluminación, óptica, telefonía etc.
Os locais participantes estarán identificados cos distintivos da campaña, banderolas de color fucsia de 2,60 metros de altura colocadas Nas entradas dos comercios, indicando o desconto do...
leer másO Centro Comercial Aberto de Foz celebra San Valentín con varias propostas. Todas aquelas persoas que fagan as súas compras destas datas do 6 ao 14 de febreiro “poderán cubrir o tícket cos seus datos e deixalos no local para participar no sorteo de 5 ceas románticas para compartir coas súas parellas”. Desde a directiva do CCA contan que “o sorteo farémolo o 17 de febreiro ás 12 da mañá a través de Radio Foz. O que pretendemos con esta campaña é animar á xente a facer as súas compras no noso comercio e queremos premialos por iso con ese sorteo de cinco ceas románticas”.
Os que se acheguen a Foz a vindeira fin de semana poderá gozar da 7ª Festa da Cociña Afrodisíaca, que terá lugar os días 10 e 11 de febreiro en varios locais de hostalaría da vila. Na directiva sinalan que “estamos diante dunha cita tradicional e consolidada nesta datas na...
leer más