Desde Acia Burela, explican a través das redes sociais que “deixamos atrás a maxia e o brillo do Nadal e xa estamos en plena campaña de COMPRAS DE CINE... Compra e sela a túa tarxeta nos 7 sectores de Acia Burela antes do 7 de febreiro e participa no SORTEO para vivir un auténtico día de COMPRAS DE CINE!”. Os sectores son alimentación; decoración, mercerías e paqueterías; hostalería; textil, complementos e calzado; e industria, ocio e servicios.
O sorteo será non presencial e celebrarase o martes de Entroido na Praza do Concello.
“A persoa gañadora vai disfrutar do sábado 20 de febreiro como unha auténtica celebrity: viaxará nun coche de luxo acompañada dun paparazzi e disporá de 2.000 euros para facer compras nos establecementos da campaña durante todo o día”, subliñan desde Acia Burela.