O Centro Comercial Histórico de Viveiro aposta unha vez máis por impulsar as compras e o ocio na súa cidade. Pon en marcha este venres 2 e o sábado 3 de Xuño a campaña Shopping Weekend, un fin de semana de compras ofrecendo fantásticos descontos en miles de artigos.
Unha oportunidade para pasar a fin de semana realizando compras nos 52 comercios participantes na campaña e desfrutar de descontos do 20% en miles de artigos. Participan locais de moda, calzado, complementos, artigos de deporte, lencería, xoias, mobles, decoración, perfumería, beleza, xoguetes, artigos para o fogar, alimentación, iluminación, óptica, telefonía etc.
Os locais participantes estarán identificados cos distintivos da campaña, banderolas de color fucsia de 2,60 metros de altura colocadas Nas entradas dos comercios, indicando o desconto do 20%, así como vinilos da mesma cor pegados nos escaparates. Deste xeito para o cliente é moi fácil identificar aqueles locais nos que poderá desfrutar da campaña de descontos.
Tratase de ofrecer ó cliente a mellor calidade, variedade e prezo, sen ter que desprazarse, mercando no comercio local, un comercio que ofrece un trato persoal e profesional.
É moi importante recordar que estes descontos non son acumulables a outras ofertas que xa teñan nos comercios, a encargos ou a devolucións, xa que é unha campaña puntual organizada só para as ventas destes dous días.