Ferreira do Valadouro acollerá unha lectura dramatizada de “Danza da mentira”, de Xesús Pisón, a cargo de Manuel Lourenzo e Inma Orol. Tamén haberá un coloquio e da presentación encargarase Lionel Rexes. Será este sábado, día 10 de agosto, ás 20:00 horas, na Casa do Concello do Valadouro, 1º andar.
Esta actividade está organizada pola Delegación de Cultura do Concello do Valadouro.