Cervo acollerá un curso nacional de artes marciais do 22 ao 24 de marzo. Na organización do evento colabora do Concello.

Cervo acollerá un curso nacional de Aikijujutsu Kobukai, que terá lugar o 22, 23 e 24 de marzo no pavillón do CEIP Península da Paz. Está organizado polo delegado técnico de Galicia deste departamento, Miguel Ángel Rojo, coa colaboración do Concello de Cervo.

O curso será impartido por Jan Janssens, 8º Kyoshi Aikijujutsu Kobukai, alumno directo do Gran Mestre Minoru Mochizuki.

Os horarios serán os seguintes:
- Venres, de 17:00 a 19:00 horas. Ao finalizar a sesión haberá exames de Cinto Negro.
- Sábado, de 10:30 a 13:30 horas, e de 16:30 a 19:30 horas
- Domingo, de 10:30 a 13:00 horas.