O programa de conciliación familiar, dirixido a crianzas de entre 3 e 12 anos, dará comezo o 22 de decembro e finalizará o venres 5 de xaneiro (ambos incluídos. Será de luns a venres en horario de 8:30 a 14:30 horas. Os días 25 de decembro e 1 de xaneiro non haberá actividade ao seren festivos nacionais.
O obxectivo deste programa do Concello de Cervo é que as nais e os país poidan conciliar a súa vida laboral co coidado dos seus pequenos e pequenas.
O prazo de inscrición remata o 15 de decembro.