Cervo
O Concello de Cervo vén de recepcionar as obras da das que son as únicas pistas homologadas de atletismo da Mariña, situadas no Complexo Deportivo da Veiga, en San Ciprián.
A rexedora, Dolores García Caramés, e o edil de Deportes, David Rodríguez, mantiveron un encontro cos directivos dos dous clubs locais de atletismo -o Club Deportivo San Ciprián e o Maderas Barcia Cervo-, que serán os primeiros en facer uso das novas instalación en exclusiva, polo momento, “nunha primeira toma de contacto coas pistas para que sexan eles os primeiros en poñer en práctica as normas de uso da instalación municipal que entre todos/as debemos coidar para garantir o seu futuro e o seu mantemento”, expresou a rexedora.
Así mesmo, Caramés xa anunciou que xa está fixado o próximo 31 de outubro, como data para inauguración oficial das...
leer másA cita será o próximo xoves, 19 de outubro, ás 17:30 horas, e o punto de encontro será o Peirao de San Ciprián.
Os diferentes edificios municipais tamén se iluminarán de cor rosa, para sensibilizar á poboación sobre a importancia da detección precoz, para mellorar o prognóstico e a supervivencia das pacientes que padecen esta enfermidade.
O Concello de Cervo organiza unha nova edición do obradoiro de teatro Pimpín, que dará comezo en novembro. Está dirixido ás crianzas de 6 a 12 anos. Terá lugar os martes e os xoves de 18 a 19 horas na Casa da Cultura en San Ciprián, onde se poderán realizar as inscricións.
Desde o Concello sinalan que “levamos moitos anos apostando polo teatro para as crianzas, como ferramenta pedagóxica para o seu desenvolvemento integral nesta etapa na que comezan a construír a súa propia personalidade. O teatro é unha disciplina moi completa que lles axuda a socializar, mellora a súa concentración, e tamén potencia as súas habilidades comunicativas e a súa autoestima; entre outros moitos beneficios”.
A parroquia de San Román celebrará as Festas na Honra á Virxe do Pilar e á Virxe do Carmen do 12 ao 14 de outubro.
Os diferentes actos previstos foron presentados pola rexedora, Dolores García Caraméns, e por unha representación da Comunidade de Montes de Vilaestrofe, entidade que organiza a festa, coa colaboración do Concello de Cervo.
O programa arrinca o xoves 12, cunha misa solemne cantada polo Coro Parroquial de Cervo, ás 13:00 horas, seguida da sesión vermú da man do Grupo Fénix, que repetirá a partir das 23:00 horas na verbena, que terá lugar no Pavillón de Deportes da parroquia.
Xa o venres, 13 de outubro, será o SanroDance 2023 a partir das 23:00 horas e que contará coa participación de DJ Pablo Conxuro, DJ Roquiño e DJ Robert Morr.
O sábado 14, volverá...
leer másO Concello de Cervo promove unha serie de obradoiros de lecer dirixidos ás crianzas de Educación Infantil que se desenvolverán na Casa da Cultura, cada martes e xoves, en horario de 17:00 a 18:00 horas.
Os/as pequenos/as desfrutarán da compañía especial da Ra Ramira, que compartirá anacos divertidos e didácticos con eles/as, nos que terán cabida todo tipo de actividades de lecer, como manualidades, contacontos, obradoiros de baile, cine...E un sen fin de alternativas para pasar unhas tardes de outono gozando e aprendendo entre amigos/as!
As inscricións xa están dispoñibles na Casa da Cultura!
Ademais, tamén está aberto o prazo para anotarse aos obradoiros temáticos dirixidos ao alumnado de primaria que terán lugar cada dous sábados na Casa da Cultura. O primeiro será esta mesma fin de semana, en horario de...
leer másA parroquia de Castelo celebrará a festa na honra da Nosa Señora do Rosario a fin de semana do 7 e 8 de outubro.
Os festexos comezarán o sábado 7 ás 13:00 horas con misa solemne cantada polo Coro Parroquial de Cervo e a posterior procesión. A continuación haberá sesión vermú a cargo do Grupo Fénix, que repetirá na verbena co Grupo Pasión, a partir das 22:00 horas. Xa o domingo 8 haberá misa solemne de novo ás 13:00 horas cantada polo Coro Parroquial de Cervo. A continuación terá lugar a procesión acompañada polo grupo Fol do Raxal, seguida da sesión vermú amenizada polo dúo Belinda.
A cita foi presentada pola alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés; polo edil de Zona Rural, Adrián Arias; e por unha representación da asociación Cabaleiros do Xunco, que organiza a festa coa colaboración do Concello de Cervo e da Comunidade...
leer másO Concello de Cervo e o C.D. San Ciprián, xunto a un grupo de veciños afeccionados ao pádel, organizan o IV Torneo de Pádel Cervo que terá lugar nas pistas municipais do complexo deportivo da Veiga do 19 ao 24 de setembro, ambos incluídos.
As persoas interesadas poden inscribirse ata o próximo domingo, 19 de setembro, no teléfono 639 05 40 15 (Fran) ou a través da plataforma Mis Torneos Online.
Os xogadores poderán competir nas categorías masculina, iniciación masculina, feminina e mixta; ata un máximo de 16 parellas por categoría. O prezo establecido para inscribirse será de 18 euros nunha categoría e de 25 euros en dúas categorías. O premio será material deportivo e trofeos para os mellores clasificados, e haberá cadro de consolación tamén en todas as categorías.
A rexedora, Dolores...
leer másO Concello de Cervo vén de abrir o prazo de inscrición para a nova temporada das Escolas Deportivas Municipais e dos cursos de natación.
Nas escolas deportivas infantís impartiranse as modalidades de ximnasia rítmica, multideporte, patinaxe, ioga e volei; mentres que nas escolas deportivas de adultos as clases serán de fit-dance, pilates, ximnasia de mantemento e ioga.
As fichas de inscrición facilitaranse e entregaranse no Concello ou na Casa da Cultura e o criterio de admisión fixarase segundo a orde de entrega da documentación.
Tamén se abre o prazo para os cursos de natación da temporada 2023-2024 tanto para nenos/as como para adultos. Hai diferentes grupos en función do nivel de natación da persoa usuaria e tamén se impartirán clases de Aquagym. Os cursos son de aforo limitado e o...
leer másO lugar de Trasbar celebrará a próxima fin de semana, do 15 ao 17 de setembro, a romaría de Santa Eufemia.
A cita festiva foi presentada pola rexedora, Dolores García Caramés, o edil de Zona Rural, Adrián Arias, e por unha representación da asociación de veciños do Burgo de Trasbar, que se encarga da organización dos festexos.
A Romaría dará comezo o venres ás 23:00 horas da man de Disco Móbil Conxuro.
O sábado, ás 13:00 horas será a misa solemne na honra de Santa Eufemia cantada polo Coro de Cervo, e a continuación terá lugar a sesión vermú da man do grupo Fussion, que repetirá na verbena con Disco Móbil Conxuro, a partir das 22:00 horas. Ao remate, haberá unha degustación gratuíta de caldo galego para os/as asistentes.
O domingo, ás 13:00 horas volverá haber misa, na honra de...
leer másO Concello de Cervo anima a toda a veciñanza a anotarse ás clases de baile de salón que promoven a organización Arama e a Escola de Baile Hover Cross; e que terán lugar en San Ciprián.
A actividade foi presentada pola alcaldesa, Dolores García Caramés, o edil de Deportes, David Rodríguez, o presidente da asociación Arama (Asociación de Rehabilitación de Alcohólicos de A Mariña), Manuel Casas, e polo profesor internacional de baile de salón, Francisco Villarino.
As persoas interesadas poder inscribirse ou recibir información a través dos teléfonos 648.033.250, 620.817.300 ou 630.864.427
O curso está previsto que arrinque o próximo 13 de setembro no pavillón do CEIP Península da Paz.
As sesións, unha á semana, serán impartidas por profesores titulados en vals,...
leer más