Culturactiva
05/12/2024
O Concello de Barreiros anuncia que o domingo 15 de decembro ás 19:00 horas “chega ao centro sociocultural de San Cosme una obra de luxo, Castelao”. Con entrada de balde ata completar aforo.
“Castelao é unha figura capital da historia das artes en Galicia e con esta proposta escénica coñeceremos un Castelao de oito anos, feliz, alegre e aventureiro, que pasa en Rianxo as súas últimas horas antes de embarcar cara a Arxentina coa súa nai. Esta obra, que está dirixida a un público familiar, conta cun gran equipo: texto de Paula Carballeira, dirección de Fina Calleja e con Mónica Camaño e Cris Collazo en escena”, destaca o Concello de Barreiros.