O Concello de Burela organiza un obradoiro gratuíto de decoración de Nadal en cunchas para o 2 de decembro

O Concello de Burela convida á veciñanza a participar neste obradoiro de decoración de Nadal en cunchas impartido por Teresa Esra. Trátase dunha actividade de balde, dirixida a persoas de todas as idades. Terá lugar o luns 2 de decembro de 17:30 a 20:00 horas.

As persoas participantes aprenderán a decorar unha cuncha e poderán levala para a casa ao finalizar a actividade.

Para inscricións e máis información as persoas interesadas deben ir á Casa do Concello de Burela.