Burela
O Concello de Burela presenta a súa programación para conmemorar o 8 de marzo, Día Internacional da Muller.
Sandra Fernández, concelleira de Igualdade, convida a toda a veciñanza "a asistir aos actos en torno a esta data tan sinalada, que este ano teñen como broche de ouro a homenaxe ás guerreiras do equipo feminino do Pescados Rubén Fútbol Sala, mulleres que loitan pola igualdade e a visibilidade da muller no deporte".
Pola súa banda, a alcaldesa Carmela López sinala que “o 8M é un día para promover a loita por un mundo onde as mulleres sexamos socialmente iguais e totalmente libres, e por iso, dende Burela, imos homenaxear ás nosas guerreiras laranxas, as que están, as que estiveron e as que estarán, para que continúen abrindo camiño e,ademáis, facendo historia”.
“Animamos a toda a...
leer másA sala de exposicións da Casa de Cultura de Burela acollerá unha mostra dos traballos realizados polas alumnas do curso de bordado do 1 ao 15 de marzo.
O acto inaugural terá lugar ás 18:00 horas deste venres, 1 de marzo, e servirá tamén como homenaxe a dúas mulleres burelás que formaron redes de apoio a través desta arte, anuncia a Delegación de Igualdade do Concello de Burela.
A mostra estará dispoñible para ser visitada ata o día 15 de marzo de luns a venres en horario de 11:00 a 13:00 e de 18:00 a 20:00 horas.
O libro titulado 'A tribo do mar', de Lois Pérez, será presentado na sala de conferencias do Concello de Burela este venres, día 1 de marzo, ás 18:00 horas.
Neste acto intervirán xunto ao autor o profesor e escritor Bernardo Penabade e a capitá do Pescados Rubén Burela de fútbol sala feminino e xogadora internacional, Daniela Domingos.
A Coral Polifónica de Burela está buscando novas voces. Os ensaios son os luns e xoves de 21:30 a 23:00 horas.
“Se queres aprender canto coral ou xa tes experiencia, queres mellorar a túa voz, gústache traballar en equipo e adoras a música … este é o teu lugar. Ven e proba o canto coral durante un mes sen compromiso”, din desde a Coral Polifónica de Burela, coa que se pode contactar a través do teléfono 608.25.25.88 ou do correo electrónico coralpolifonicadeburela@gmail.com.
A asociación cultural Xebra organiza un obradoiro de baile tradicional galego e foliada para este sábado, 24 de febreiro, en Burela. Será no local do colectivo, que está na rúa Leandro Cucurny, número 19, desde as 17:00 horas.
O evento comezará co obradoiro de baile, que será impartido por Iria Fernández Moscoso, e despois haberá unha foliada aberta.
Co motivo da celebración do Dia de Rosalía este venres, 23 de febreiro, as concellerías de Educación e de Cultura do Concello de Burela organizan un maratón de lectura que se celebrará no Salón de Plenos.
A xornada dividirase nunha quenda de mañá, de 10:00 a 14:00 horas, na que participarán os rapaces e as rapazas dos centros educativos, e unha quenda de tarde, a partir das 16:00 horas, na que participarán outras entidades e público xeral.
A única premisa do maratón será a lectura de textos en galego, de libre elección polos lectores que se animen a participar.
“Ademais, realizaremos unha selección de poemas de Rosalía para que o público xeral poida desfrutalos neste maratón, abrindo así a nosa biblioteca municipal a toda a veciñanza e achegando a cultura galega”, sinala a concelleira de...
leer másXa están á venda as entradas para ver a Roberto Vilar en Burela o vindeiro 9 de marzo co espectáculo Celebreixon. Podenb adquirirse en ataquilla.com
O xovense celebrará 30 anos pintando a mona na televisión presentando e acercando o seu humor ao público nunha sorprendente xira por Galicia. Trátase dun espectáculo cheo de risas e moitas sorpresas.
Celebreixon está programada para o 9 de marzo ás 20:00 horas na Casa da Cultura de Burela.
O Concello de Burela, a través do Programa Xunt@s de impulso da participación cidadá e asociacionismo na provincia da Deputación de Lugo, oferta un curso de ximnasia de mantemento que dará comezo o martes 5 de marzo de 2024 en horario de 17:30 a 18:30 horas.
Para inscribirse o prazo vai desde o luns 19 ata o xoves 29 de febreiro en horario de 9:00 a 15:00 horas na Casa do Concello de Burela. As prazas son limitadas.
O Concello de Burela quere dar a coñecer a iniciativa ‘Corazón Solidario’, na que están a colaborar as mulleres inscritas no curso de bordado que organiza o Concello de Burela e imparte María José Mon.
A orixe desta iniciativa sitúase no ano 2001 nun hospital norteamericano. Alí, unha enfermeira do servizo de Oncoloxía tivo que ser operada de cancro de mama. Foron as súas tías as que idearon unha almofada que se axustaba confortablemente debaixo do brazo, reducindo de maneira notable a dor da incisión, ao non premer o edema orixinado pola intervención.
Dados os bos resultados obtidos, axiña se fixo extensiva a entrega de almofadas a mulleres operadas de cancro de mama noutros países.
Grazas ao esforzo das voluntarias do curso de bordado de Burela, xa se fixeron un importante número de '...
leer másO Concello de Burela anuncia o seu I Concurso sobre actitudes positivas nas relacións, cuxas bases serán publicadas proximamente.
O certame estará aberto a rapazas e rapaces entre 12 e 30 anos, que poderán presentar un traballo artístico de calquera tipo sobre a temática sinalada. Valorarase tanto o contido como o tratamento do tema, así como a orixinalidade e a expresión.
“Aínda que aproveitamos o día de San Valentín para anuncialo, cremos que o amor ten moitas formas e nada ten que ver co mito do amor romántico", explica o concelleiro de Mocidade e Educación e primeiro tenente de alcaldesa Mario Pillado.
O obxectivo do certame, explica o edil, é "que a xente moza nos dea unha idea do que deberan ser para eles e elas as relacións, xa sexan de parella, amizade, familiares ou mesmo cos...
leer más