Burela
A asociación Pasada das Cabras, de Burela, fará a Ruta da Carballeira, en Sobrado dos Monxes, este sábado, 13 de xaneiro. O prezo é de 30 euros para os socios do colectivo organizador e de 35 euros para os que non o son. Inclúe autobús, comida e seguro. A saída será ás 08:30 horas desde a estación de autobuses de Burela.
É unha ruta de dificultade baixa, con 8 quilómetros de percorrido. A organización recomenda levar bastón e calzado apropiado e explica que é unha “ruta circular y sencilla por la carballeira de Sobrado dos Monxes, donde se rodaron escenas de la película El Bosque Animado”.
O Concello de Burela presentará o 19 de xaneiro a súa adhesión ao Plan Estratéxico de Saúde Nacional
O Concello de Burela adhírese á Estratexia de Promoción da Saúde e Prevención do Sistema Nacional de Saúde, unha iniciativa dentro do Plan Estratéxico de Saúde Nacional.
O próximo 19 de xaneiro ás 19:00 horas no auditorio da Casa da Cultura, haberá un acto de presentación do proxecto á cidadanía que terá unha duración aproximada dunha hora.
Trátase dunha iniciativa do Ministerio de Sanidade cuxa finalidade é promocionar a saúde, a realización de actividade física, manter unha alimentación adecuada e previr enfermidades entre outros, co obxectivo de gañar anos de vida para a poboación e desenvolver estilos de vida máis saudables.
“A Estratexia de Promoción da Saúde e Prevención propón o desenvolvemento progresivo de intervencións identificadas como boas prácticas e baseadas na evidencia...
leer másA Asociación de Comerciantes, Industria e Autónomos de Burela lanza unha forte campaña de rebaixas ata o vindeiro 8 de marzo para promocionar os grandes descontos dos establecementos de proximidade do municipio. Nesta actividade participarán 27 negocios que poñerán diversos artigos a prezos irresistibles.
Unha vez máis, a entidade empresarial quere premiar as compras no comercio local, durante o tradicional período de rebaixas, xa que con cada compra realizada entre o 8 de xaneiro e o 8 de marzo a clientela poderá conseguir vales de 10 euros en combustible para canxear en Estación de Servizos Vista Alegre.
Ademais, esta iniciativa terá un final espectacular, dado que os días 1 e 2 de marzo chegan os “Fóra Stocks” nos que determinados produtos terán grandes descontos. Un xeito de incentivar aos clientes e tamén de...
leer másA Concellería de Cultura do Concello de Burela, a través da Biblioteca Municipal, fai públicos os premiados dos certames de postais e poesía infantil do Nadal. A entrega dos premios será na sala de arte da Casa da Cultura o vindeiro xoves 25 de xaneiro ás 19:00 horas.
Nos premios de poesía, en categoría A (ata 8 anos) o primeiro premio é para Teo Domínguez García, de 7 anos e do CEIP Vista Alegre; o segundo para José María García Fra, de 8 anos e do CEIP Vista Alegre, e o terceiro para Leo Fraga Río, de 7 anos (CEIP Vista Alegre). Na categoría B (de 9 a 11 anos) gañou Lucas Ballesteros Pedre, de 11 anos e do CEIP Vista Alegre; Jimena Domínguez García foi segunda (11 anos e do CEIP Vista Alegre), e o terceiro premio foi para Jorge Melo Reigosa, de 11 anos e do CEIP Vista Alegre. Todos os traballos participarán na fase provincial do certame...
leer másTouriñán e Perdomo chegarán á Casa da Cultura, de Burela, o 3 de febreiro en dobre función: ás 20:00 horas e ás 20:30 horas. As entradas xa están á venda en corentena.gal
Durante os meses de confinamento en 2020, David Perdomo e Xosé A. Touriñán comezaron a conversar en directo a través de Instagram. Naquelas noites, improvisaban diferentes personaxes e interactuaban cos espectadores que se conectaban a estes vídeos en directo.
Agora, e baixo o título de Corentena, dan o salto aos escenarios nun formato no que Touriñán e Perdomo pretenden pasalo tan ben ou mellor que o público trasladando aos teatros a frescura daquelas noites de comedia.
En Corentena os dous cómicos rescatan algúns dos personaxes recorrentes daqueles directos, recreando de xeito artesanal os efectos e filtros cos que se...
leer másO Concello de Burela recibe mañá venres, 5 de xaneiro, a visita das súas maxestades, os Reis Magos de Oriente, cunha gran xornada de festa dirixida á rapazada da vila e as súas familias.
A cabalgata de Melchor, Gaspar e Baltasar sairá ás 19:00 horas da rúa do Ril e o percorrido terminará na praza da Mariña, onde celebrarase a recepción das súas maxestades. Haberá rosconada con premios e chocolatada, ademais do gran sorteo do chupachup de ouro valorado en 3.000 euros.
“A deste venres será unha tarde chea de maxia, antes da noite máis especial do ano para os máis pequenos da casa. Animamos a toda a veciñanza a achegarse á cabalgata, desfrutar e saudar aos Reis Magos na carpa da praza da Mariña", sinala Carmela López, alcaldesa de Burela.
No caso de que a meteoroloxía sexa moi adversa, o...
leer másA programación especial comeza a partir das 19:00 horas coa tradicional Cabalgata dos Reis Magos, organizada pola Asociación Ledicia. A continuación, a partir das 20:00 horas chega a cita máis doce do Nadal, a Rosconada e Chocolatada que terán agachados 70 premios que son: 5 patinetes, 10 balóns de fútbol, 12 balóns de fútbol sala, 10 balóns de baloncesto, 1 tablet, 2 kits gaming, 1 silla gamer, 10 botellas de aceite, 2 bufandas, 1 Nintendo Switch, 6 mini batidoras e 10 cascos. Ademais, haberá roscón sen gluten e chocolate sen lactosa para que ninguén se perda esta cita. Os tíckets para degustar esta Rosconada e Chocolatada estarán á venda a partir das 18:00h, o prezo será de 2 euros por ración.
Dende Acia Burela queren amosar o seu profundo agradecemento a Distribuciones Carreira pola doazón do chocolate, e facer unha especial mención á...
leer másA Fundación Expomar celebrou a súa última reunión do ano 2023, na que fixo balance dos últimos meses e traballou xa coa mirada posta nas súas actividades para 2024 e 2025.
“Aprobouse o Plan de Acción do 2024 e analizáronse as actividades realizadas en 2023, como as xornadas técnicas, o encontro empresarial, e a Feira Nautico Pesqueira, ademais doutras accións realizadas, como a presenza en feiras como Sinaval ou Expomar Cabo Verde”, explica o concelleiro de Turismo e Mar, Ramiro Fernández.
“Resaltouse o éxito da celebración do día do Orgullo Mariñeiro celebrado este mes de decembro, e que o Padroado aposta por seguir impulsando, e destacouse a participación no Foro de Turismo de Huelva e na asemblea fundacional da Rede Nacional de Turismo mariñeiro celebrada en Isla Cristina (Huelva)”, sostén pola súa parte a...
leer másA Organización de Produtores Pesqueiros do Porto de Burela presenta a través da súa páxina web www.oppburela.com a posibilidade de realizar unha serie de visitas virtuais a barcos de pesca das súas frotas, para que o público poida coñecelos a través da pantalla do seu ordenador ou os seus dispositivos móbiles, podendo gozar aínda máis a experiencia con lentes de realidade virtual. Esta medida inclúese no seu plan de produción e comercialización 2023, con financiamento da Xunta de Galicia e a Unión Europea a través do FEMPA.
Estas visitas virtuais créanse co obxectivo de poñer en valor o oficio pesqueiro, xunto con outras accións audiovisuais para promocionar e divulgar o “oficio do mar” e a actividade pesqueira das diferentes frotas da OPP Burela.
Pódese acceder a estas...
leer másO Concello de Burela anuncia que os veciños e veciñas de Burela poderán ver de balde este venres o musical La Sirenita.
A compañía organizadora informou recentemente ao Concello de que o ritmo de venda das entradas non era o esperado, e ambas partes chegaron a un acordo para que o musical siga adiante, gratuíto e baixo a organización do propio Concello.
A empresa poñerase en contacto para devolverlles os cartos ás persoas que compraron a entrada.
A Casa da Cultura de Burela acolle esta representación o venres, 29 de decembro, ás 18:30 horas.
O espectáculo repasa as mellores cancións do coñecido clásico da animación, da man dun equipo de profesionais do teatro musical. Será unha ocasión perfecta para gozar con toda a familia na época do Nadal.