Burela

Etiquetas:
13/02/2024

A Casa da Cultura de Burela acollerá un concerto para público familiar do grupo de percusión Odaiko. Será o sábado 24 de febreiro ás 18:00 horas con entrada libre. Está organizado pola Delegación de Cultura do Concello de Burela.

O grupo galego Odaiko está integrado por licenciados en percusión clásica, contemporánea e jazz. Formouse en Holanda no ano 2003 e nos seus espectáculos mestúrase o humor coa a música, que interpretan con diferentes tipos de instrumentos de percusión, algúns deles moi singulares.

 

Etiquetas:
12/02/2024

A sala de exposicións da Casa da Cultura de Burela acollerá unha mostra de pinturas do artista Jesús San José Arranz do 23 de febreiro ao 22 de marzo. Titúlase “El traje de luces” e inclúe obras pintadas ao óleo con pasamanería. 

A inauguración desta exposición será o venres 23 de febreiro ás 18:00 horas e poderá visitarse de luns a venres de 11:00 a 13:00 e de 18:00 a 21:00 horas.

 

02/02/2024

O Concello de Burela presenta a súa programación de Entroido. Serán un total de seis días con numerosas actividades, dende o venres día 9 de febreiro ata o mércores 14, día do Enterro da Sardiña.

“Chega o entroido e con el as ganas de divertirse, de disfrazarse e de manter o espírito participativo para continuar con este dinamismo que move Burela”, sinalou a alcaldesa do municipio, Carmela López. 

"Tanto o Concello como as entidades que se suman á celebración organizando bailes e concursos estamos a traballar arreo para darlle auxe ó entroido", afirmou pola súa banda Patricia Eijo Palmeiro, concelleira de Festas e Festexos.

Dentro da programación destacan as actividades que se realizarán na carpa da praza da Mariña. A primeira delas será a Festa Xuvenil, que inaugurará a programación...

leer más
01/02/2024

A sala de exposicións da Casa da Cultura de Burela acollerá o 1 ao 15 de febreiro a exposición sobre o documental Chicas Nuevas 24H, de Mabel Lozano. Poderá visitarse de luns a venres de 11:00 a 13:00 e de 18:00 a 20:00 horas.

O Concello de Burela explica que “esta exposición forma parte dun proceso de investigación e documentación de cara á concienciación e sensibilización para a prevención da trata de persoas con fins de explotación sexual. A directora e documentalista Mabel Lozano e o comisario Juan Nicolás crean esta exposición fotográfica cunha interesante selección de imaxes obtidas a través da viaxe-rodaxe do filme do mesmo nome”. 

Ademais o xoves 8 de febreiro ás 11:30 horas proxectarase o documental.
É unha actividade promovida pola Secretaría Xeral de Igualdade, da Xunta de Galicia.

Etiquetas:
28/01/2024

En Burela tivo lugar a presentación do calendario 2024 elaborado pola comisión do centenario da Confraría de Pescadores San Juan Bautista.

A alcaldesa, Carmela López, e o concelleiro de mar, Ramiro Fernández, membro da comisión, estiveron no acto de presentación deste traballo cargado de historia e que pon en valor a labor tan importante da Confraría para con Burela.

Os calendarios repartiranse en diferentes puntos da localidade e Casa Consistorial é un deles.

Etiquetas:
27/01/2024

A asociación Pasada das Cabras, de Burela, fará a Ruta Río Eo-Pena Millares, en Ribeira de Piquín o domingo 4 de febreiro. O prezo é de 30 euros para os socios do colectivo organizador e de 40 euros para os que non o son. Inclúe autobús, comida e seguro. A saída será ás 08:30 horas desde a estación de autobuses de Burela.

É unha ruta de dificultade moderada, con 10 quilómetros de percorrido. A organización recomenda levar bastón e calzado apropiado.

 

Etiquetas:
24/01/2024

O Concello de Burela participa este ano en Fitur para promocionar os atractivos da vila como destino turístico de natureza e para as familias.

A alcaldesa de Burela, Carmela Lopez, e o concelleiro de Turismo, Ramiro Fernández, participarán en varias actividades e manterán reunións cos touroperadores presentes en Fitur, unha das feiras turísticas máis importantes do mundo.

“Desde a pandemia, cada vez hai un maior interese polos destinos como Burela, onde ofrecemos natureza, gastronomía e desconexión para toda a familia”, asegura Carmela López.

Ademais, Burela participará nas actividades previstas en Fitur pola Mancomunidade de Concellos da Mariña, como a presentación do seu novo vídeo promocional, ‘A Mariña, Galicia de corazón’.

“É moi satisfactorio ver o interese...

leer más
Etiquetas:
17/01/2024

A Casa da Xuventude do Concello de Burela albergará un novo obradoiro do ciclo “Ciencia á feira” este venres, 19 de xaneiro. Versará sobre a xestión sustentable da auga e comezará ás 11:30 horas.

As actividades realizaranse coincidindo coa feira municipal, que ten lugar os venres, e no propio mercado de Burela repartirase material didáctico sobre o tema.

O ciclo “Ciencia á feira” está dirixido tanto ao alumnado dos institutos como á cidadanía en xeral e ten como obxectivo achegar temas de interese científico á sociedade. 

Etiquetas:
15/01/2024

O auditorio municipal de Burela acollerá unha gala musical solidaria contra o cancro o día 27 de xaneiro, sábado, ás sete da tarde. Está organizada pola asociación Esperanza e o grupo musical Acordeonistas da Mariña, que actuará no evento xunto a Acordeóns Terras do Miño, Begoña López, Lino Rico e Diavolinos.

A recadación será doada para a investigación do cancro. O prezo da  entrada é de 5 euros e inclúe un número para o sorteo dunha cesta de peixe valorada en 250 euros. Pódense adquirir anticipadamente na tenda Cinza, de Burela, e os mércores no local da asociación Esperanza ou na taquilla do auditorio o día da gala.

 

Etiquetas:
13/01/2024

A primeira andaina “Burela en marcha contra o cancro” celebrarase o domingo 4 de febreiro a partir das 11:00 horas, dende a Praza da Mariña ata a praia da Marosa, ida e volta. Está organizada pola Asociación Española Contra o Cancro en Lugo coa colaboración do Concello de Burela.

A inscrición con camiseta ten un custe de 10 euros e pode facerse a través do link https://enmarcha.contraelcancer.es/es/evento/marcha-burela ou de forma presencial: de luns a venres de 9:00 a 11:00 horas na sede da asociación organizadora en Burela, que está en Praza da Mariña, 13, 2º planta, local 32.

“Se queres colaborar e non podes participar podes sumar cunha doazón, ca achega que ti elixas. Para calquera dúbida ou aclaración podes chamar ao teléfono 658.872.196...

leer más