O Centro Sociocultural de Barreiros será o lugar de encontro o próximo 7 de xullo ás 8 da tarde para a conferencia "Os Ollos da Deusa Primeira. Pegadas das relixións antigas", impartida polo recoñecido antropólogo José Luis Cardero.
A conferencia "Os Ollos da Deusa Primeira" é organizada pola asociación socio-cultural Mariña Patrimonio e a asociación cultural Irmandade de Santo Estevo do Ermo, co apoio do Concello de Barreiros e a Vicepresidencia da Deputación de Lugo.
José Luis Cardero é licenciado e doutorado en Ciencias Políticas e Socioloxía pola Universidade Complutense de Madrid. É especialista en Antropoloxía Social e Cultural ademais de socio honorario da Sociedade Antropolóxica Galega. Como investigador incide na hermenéutica antropolóxica, enfocada nas crenzas e na súa influencia política, económica e social. Ademais da súa actividade académica, colabora en revistas de investigación e divulgación así como en programas de radio e televisión.
Esta conferencia representa unha oportunidade para achegarnos á historia relixiosa de Galicia e comprender mellor a diversidade relixiosa existente antes da imposición do Cristianismo. Coa axuda de José Luis Cardero, teremos a posibilidade de descubrir as raíces ancestrais que seguen influíndo na actualidade na nosa forma de vida.
JOSÉ LUIS CARDERO LÓPEZ. (LUGO, 1946)
É Licenciado e Doutor en Ciencias Políticas e Socioloxía pola Universidade Complutense de Madrid. Especialista en Antropoloxía Social e Cultural. Tamén é Doutor pola Universidade Complutense de Madrid no programa do Instituto Universitario de Ciencias das Relixións. Socio honorífico da Sociedade Antropolóxica Galega e colaborador do seu órgano Fol de Veleno, onde publicou traballos sobre antropoloxía cultural, simboloxía e similares. Está especializado en investigacións sobre hermenéutica antropolóxica en relación coas crenzas e a súa influencia política, económica e social. Ademais do seu traballo académico, colabora en revistas de investigación e divulgación, así como en diferentes programas de radio e televisión. É autor, entre outros, de títulos como:
• “Monstruos, Muertos y Dioses Oscuros”
• “Ejércitos de muertos y viajes al Otro Mundo”
• “Lo Paradójico y lo Sagrado. Cabezas, Máscaras y Dioses”
• “El Sol Negro”
• “Cincuenta enigmas de la prehistoria”
• “Hakenkreuz, Gammadion, Swastika. Estrellas, Laberintos y Caminos de los Muertos” (2 vols.)
• “Los dioses oscuros del nazismo”
• “Omaha Beach. Una antropología de la guerra”
Na actualidade, traballa en diversos campos de investigación relacionados coa simboloxía das crenzas e a súa permanencia e transformación nas culturas europeas.