Artesanía

Etiquetas:
06/08/2022

O Concello de Viveiro acolleu a presentación da XXXVIII Feira de Artesanía, que se celebrará nos xardíns Noriega Varela entre os días 12 e 21 de agosto.

Despois de dous anos de limitacións pola pandemia, a feira terá este ano 32 stands e a presenza de numerosos profesionais deste eido. 

Como novidade, este ano ademais haberá un stand efémero, no que algúns días haberá artesanos e outros obradoiros ou demostracións do oficio.

“Unha referencia no sector, unha feira que destaca pola calidade e a variedade da artesanía, polo que estou convencida de que será un éxito”, afirmou a alcaldesa de Viveiro, María Loureiro.

Etiquetas:
21/06/2022

Cubertas todas as prazas das IV Xornadas de Portas Abertas das Rutas de Artesanía, organizadas pola Mancomunidade de Concellos da Mariña Lucense, coa axuda da Axencia de Turismo de Galicia da Xunta e da Deputación de Lugo para a súa promoción.

A primeira quenda tivo lugar a pasada fin de semana do 17 ao 19 de xullo. Os asistentes coñeceron o venres o traballo realizado polas redeiras de Cabo Burela, visitaron o barco museo Reina del Carmen e tamén a empresa Conservas Faro Burela. O sábado a protagonista foi a Ruta dos Artesáns de Mondoñedo, con visita ao talle de monicreques de Ton Arenas, ao barrio dos Muíños, ao alfar Esquina Atlántica e ao casco histórico de Mondoñedo. E o domingo en Viveiro coñeceron as instalacións de Regal Cerámica e percorreron o paseo fluvial Alcalde Cerdeiras e visitaron a exposición permanente nos Claustros de...

leer más
Etiquetas:
17/06/2022

En Burela arrincaron esta tarde as IV Xornadas de Portas Abertas das Rutas de Artesanía. A Mancomunidade de Concellos da Mariña Lucense, coa axuda da Axencia de Turismo de Galicia da Xunta e da Deputación de Lugo para a súa promoción, organiza esta cita, que nesta edición se desenvolven do 17 ao 19 e do 23 ao 26 de xuño. Nesta ocasión, ademais, realizarase un sorteo entre as persoas que participen que consistirá en 4 premios de experiencias, aloxamento e almorzos nas empresas participantes no proxecto Turismo Slow Norte de Galicia localizadas na Mariña Lucense.

Desde a Mancomunidade o seu presidente, Fran Cajoto, lembra que “se trata dunhas xornadas con actividades gratuítas que se organizan por cuarto ano consecutivo da man dos artesáns da comarca que conforman o proxecto das Rutas de Artesanía da Mariña Lucense, polo que a Mancomunidade...

leer más
Etiquetas:
06/06/2022

A Mancomunidade de Concellos da Mariña Lucense, coa axuda da Axencia de Turismo de Galicia e da Deputación de Lugo para a súa promoción, organiza as IV Xornadas de Portas Abertas das Rutas de Artesanía, que nesta edición desenvolveranse as fins de semana do 17 ao 19 e do 23 ao 26 de xuño. Nesta ocasión, ademais, realizarase un sorteo entre as persoas que participen que consistirá en 4 premios de experiencias, aloxamento e almorzos nas empresas participantes no proxecto Turismo Slow Norte de Galicia localizadas na Mariña Lucense.

Desde a Mancomunidade o seu presidente, Fran Cajoto, lembra que “se trata dunhas xornadas con actividades gratuítas que se organizan por cuarto ano consecutivo da man dos artesáns da comarca que conforman o proxecto das Rutas de Artesanía da Mariña Lucense, polo que a Mancomunidade leva apostando dende hai anos. Na...

leer más
Etiquetas:
06/05/2022

O Concello de Cervo anima a veciños e visitantes a asistir este sábado, 7 de maio, á VI Foliada e á Feira de Artesanía e Alimentación que terá lugar na Praza do Souto, desde as 12:00 horas. 

A cita foi presentada este mediodía pola tenente alcalde e edil de Cultura, Dolores García Caramés, polo concelleiro de Turismo, David Rodríguez e pola edil de Medio Ambiente, Mali Méndez, xunto con representantes da A.C. Recreativa Fervenza de Sargadelos, da agrupación Fol do Raxal e A Morena, que organizan o evento, no que colabora o Concello de Cervo.

A cita musical e gastronómica dará comezo ás 12:00 horas, cando abrirá ao público a Feira de Artesanía e Alimentación e desde esa hora tamén se sucederán diferentes actuación de grupos de música e baile tradicional da contorna: A Rebolaxe (San Ciprián), Amado Lar (Valadouro),...

leer más
Etiquetas:
07/02/2022

Despois do parón ocasionado pola pandemia do covid volven as Festas de San Rosendo. 

O 5 de marzo, sábado, haberá misa solemne ás 12:30 horas (con procesión), a continuación actuación da sección infantil de O Arco da Vella e despois sesión vermú coa orquestra La Favorita. 

Xa pola tarde ás 16 horas disputarase o aberto de billarda Flores-San Rosendo (xunto ao campo de fútbol de As Valgas). 

Ás 21:30 horas dará comezo a verbena coas orquestras La Favorita e Gran Parada.

O 6 de marzo terá lugar a feira de artesanía e gando. Ás 11:30 horas será a chegada dos cabalos. Ás 12:30 haberá misa solemne (con procesión). Para as 14 horas está prevista a actuación do grupo de música folk Zurrumalla. E ás 17 horas haberá xogos ecuestres. 

O evento...

leer más
Etiquetas:
01/02/2022

A.C.R. Fervenza de Sargadelos organiza a VI edición da Foliada de Cervo que se celebrará o día 7 de maio, se as condicións sanitarias o permiten.

A organización comunica que aqueles grupos que desexen participar deben inscribirse no seguinte formulario: https://forms.gle/33p1DLw7ZomMfpTjB.

Colaboran na organización deste evento: Asociación Fol do Raxal, Marmeladas a Morena e Concello de Cervo.

A Foliada de Cervo volve celebrarse despois de dous anos de parón debido á pandemia. En edicións anteriores desenvolvéronse obradoiros e actividades musicais para a xente miúda. Ademais o programa complétase cun festival folklórico, cantos de taberna e foliada libre.

30/11/2021

A XIV edición da Feira de Artesanía e Antigüidades da A Pontenova celébrase do 4 ao 6 de decembro en horario de 11:00 a 14:00  e de 16:00 a 21:00 horas.

Haberá demostracións de forxa de ferro, tear triangular, cestería, torno de madeira, coiro, xoias e lámpadas de cabaza. Tamén terá lugar a V Xuntanza de Vespas, Motos e Coches Clásicos e unha mostra de cerámica popular antiga de Mondoñedo, Terra Chá e Gundivós.

 

Etiquetas:
10/11/2021

Esta fin de semana rematan as III Xornadas de Portas Abertas das Rutas de Artesanía, que organiza a Mancomunidade de Concellos da Mariña. Están destinadas aos profesionais do turismo, da hostalería e do comercio da comarca, axencias de viaxes e centros educativos de Galicia así coma ao público xeral. 

O 12 de novembro as xornadas recalarán en Burela coas redeiras Cabo Burela, colectivo que mantén vivo este tradicional oficio, e a visita ao Barco Museo Reina del Carmen, antigo boniteiro que o Concello recuperou para convertelo nun espazo de recuperación da cultura mariñeira e de atracción turística no porto máis importante de España na pesca e comercialización do bonito. O día 13 a iniciativa chegará a Cervo coa visita ao estaleiro de carpintería de ribeira de Francisco Fra, con mais de 200 anos de historia, e ao Museo Provincial do Mar. As...

leer más
Etiquetas:
25/10/2021

A Mancomunidade de Concellos da Mariña Lucense, baixo o convenio asinado coa Axencia de Turismo de Galicia e coa colaboración da Deputación de Lugo para a súa promoción, organiza as III Xornadas de Portas Abertas das Rutas de Artesanía, que se desenvolverán as fins de semana do 29 ao 31 de outubro e do 12 ao 14 de novembro. Nesta ocasión estarán destinadas aos profesionais do turismo, da hostalería e do comercio da comarca, das axencias de viaxes e dos centros educativos de Galicia así coma ao público e xeral.

As III Xornadas de Portas Abertas discorrerán por parte dos 6 itinerarios turísticos propostos que conforman as Rutas de Artesanía da Mariña Lucense e inauguraranse o 29 de outubro na Pontenova no taller de Rodil, ferreiro participante deste municipio, cunha visita guiada da man do técnico de turismo municipal Carlos Morado. As...

leer más