Traiñeiras

Etiquetas:
19/08/2016
A IV Bandeira A Mariña, coa que colabora a Deputación de Lugo, decidirá aos gañadores da Liga Galega de Traiñeiras. O organismo provincial financia as probas do campionato autonómico que serán o 27 de agosto en Burela e o 28 en Ribadeo.
 
O Deputado de Deportes, Pablo Rivera Capón, e o Alcalde de Burela, Alfredo Llano, acompañados de representantes da Liga de Traiñeiras; presentaron este xoves no salón de plenos deste concello mariñán a IV Bandeira A Mariña, última proba puntuable do campionato galego de traiñeiras. O organismo provincial colabora na organización deste evento, que atraerá a preto dun millar de persoas á Mariña durante a última fin de semana de agosto,cunha achega económica de 18.000 euros.
 
Rivera Capón sinalou que “esta cuarta edición da Bandeira A Mariña será sen dúbida a máis importante dos últimos anos xa que, a diferenza doutras edicións, a puntuación dos participantes que van á cabeza é moi similar. Isto fará que o gañador da Liga Galega de...
leer más