Está aberto o prazo para participar na VI Foliada de Cervo, que se celebrará o 7 de maio se as condicións sanitarias o permiten.

A.C.R. Fervenza de Sargadelos organiza a VI edición da Foliada de Cervo que se celebrará o día 7 de maio, se as condicións sanitarias o permiten.

A organización comunica que aqueles grupos que desexen participar deben inscribirse no seguinte formulario: https://forms.gle/33p1DLw7ZomMfpTjB.

Colaboran na organización deste evento: Asociación Fol do Raxal, Marmeladas a Morena e Concello de Cervo.

A Foliada de Cervo volve celebrarse despois de dous anos de parón debido á pandemia. En edicións anteriores desenvolvéronse obradoiros e actividades musicais para a xente miúda. Ademais o programa complétase cun festival folklórico, cantos de taberna e foliada libre.