Desde o 14 de xullo e ata o 31 de outubro poderase de visitar a exposición “Esculpir o vento: Paisaxes” que forma parte da obra artística de Otero Regal en Viveiro.
A mostra estará no Complexo Cultural Regal Xunquiera. O horario será de 10 a 14 e de 16 a 20 horas de luns a venres e de 10.30 a 13.30 os sábados.
Dende a década de finais dos 60 ven de formarse primeiro nas técnicas de debuxo e pintura e máis tarde na cerámica, profesión na que leva exercendo nos derradeiros trinta anos.
A cerámica e o mundo de Regal, a pesares de que toca outros anacos do arte como o gravado, a literatura, a ilustración e o debuxo, a súa labor desenvólvese en dous ámbitos; por unha banda produce unha cerámica de mercado caracterizada polo seu eido diferencial, e por outra, e de forma paralela, unha produción artística con características que van dende o expresionismo até o arte conceptual.
Dende o ano 68, no que fai a súa primeira exposición en Mondoñedo son varios centos as que leva realizado até o momento, tanto individuais como colectivas.
Merecen destacar: "La Taguara" Zaragoza: ANTOLOGÍA EMBRIONARIA , "Pazo San Marcos" Lugo. Organiza: Deputación Provincial e Ministerio de Educación e Ciencia. "Fundación Kompin Hauss" Wiesbaden. Centro Español de Wiesbaden. Alemania Federal. MUTACIÓNS. Galería Blau Guntter, Munich. MUTACIÓNS-2
Galería Sargadelos, Santiago de Compostela. O BARRO COMO MATERIA (Terra, Auga e Lume). Galería Lanz, Ibiza.
"AMBOA", Santiago de Compostela. "Xesto, Cor e Materia" Casino do Atlántico. A Coruña. "Home , Terra e Lume".
"CASA DE GALICIA", Madrid. "Nordés" Publicación por parte da Xunta de Galicia do Libro-Catálogo “Otero Regal, Nordés”. Stand en Barcelona. Salón Internacional de Artistas Contemporáneos Independentes Las Drassanes: "A terra que fala". "Galería Abeskoa", Barcelona "O Inconsciente". Participa representando a España comoponente en “COTTA TERRA”, Congreso Internacional de Cerámica en UMBRIA-Italia, xunto cos máis importantes ceramistas do mundo con sendas ponencias sobre deseño. "Ceramistas Galegos", Sala Basandere, Bilbao. Adamaá-Temas Xudeos na cerámica española. Museo Sefardí de Toledo. Museo de A Consagrada, Eixo atlantico en Viana e Porto, Maisson Objet en Paris, Capela de Santa María en Lugo…
Conta con Obradoiro propio de cerámica en Xunqueira, Viveiro-Lugo. Estudio de Cerámica artística, muralismo e traballos arquitectónicos. Imparte cursos de Raku, serigrafía cerámica e pastas cerámicas en varias localidades de España.
Realiza murais cerámicos para numerosos estamentos públicos e privados.
Posee obra en Museos e Fundacións e coleccións privadas de España, Europa, EEUU e Xapón. E no 2011 recibe o PREMIO NACIONAL DE ARTESANIA “Promociona” por parte do Ministerio de Industria.