O complexo cultural RegalXunqueira, de Viveiro, retrasa a celebración dos Días Europeos da Artesania e trasládaa as datas do 4 o 9 de abril. Organiza visitas guiadas ao complexo, que correrán a cargo do artista Otero Regal e en cada visita realizará unha demostración de decoración da cerámica que alí se fai.
Os horarios das visitas aos museos, exposicións e obradoiros son: martes 4 e mércores 5 ás cinco da tarde; xoves 6, venres 7 e sábado 8, ás once da mañá e ás cinco da tarde; e domingo 9 ás once da mañá.
Otero Regal explica que “as visitas terán unha duración de 2 horas como mínimo e o prezo é de 3 euros, cantidade que se pode descontar nunha
compra na tenda de Regal Cerámicas de Xunqueira”.
Para participar nesta actividade hai que reservar previamente no teléfono 664.54.31.03.