Teatro
O patio do colexio Nº 1 de Foz acolle desde hoxe, martes, ata este venres, día 31, a décimo terceira edición da Semana do Teatro Afeccionado, que organiza o Concello focense. Todas as representacións están programadas para as dez da noite.
Hoxe o grupo O Bordelo, de Cervo, representará a obra Depende, unha comedia da que é autor e director Francisco Piñeiro.
Mañá, mércores, a compañía Pico do Castro, de Foz, ofrecerá a obra Unha novela policíaca, comedia con guión, adaptación e dirección a cargo de Juan Villarino.
O xoves 30 o grupo O Centiño, de San Martiño, representará a obra El Guindilla, unha comedia da que é autor e director José Vázquez Peinó.
E o venres 31 a compañía A Adala, de Fazouro, ofrecerá a obra Elixir de xuventude, comedia dirixida por Ana Couto...
leer másO domingo, 2 de setembro, dará comezo a XXXIII edición da Semana do Teatro Concello de O Valadouro, coa representación da obra A Azoreira (República Independente), a cargo do grupo Os Pícaros de Lagoa, de Alfoz.
O luns, 3 de setembro, Bule-Bule (teatro-fusión), cun elenco formado por actores dos grupos teatrais Raiolas de Alfoz e Trangalleiros de Lourenzá, interpretarán a obra Xente con xente, comedia creada por Bule-Bule.
O martes, 4 de setembro, o grupo de teatro O Bordelo, de Cervo, porá en escena Depende de Francisco Piñeiro.
O mércores, día 5, o colectivo cultural Ollomao de Barreiros representará Enciclopedia Álvarez, obra do propio grupo.
O xoves 6 o grupo de teatro A Adala, de Fazouro, presentará Elixir de xuventude.
As...
leer másA obra teatral ‘O palco e as lúas’ do autor e director Manuel Lourenzo será representada na quinta edición do Teatro no Castelo, que terá lugar o vindeiro sábado 25 de agosto ás 21.00 horas nas inmediacios do Castelo do Castrodouro en Alfoz.
O Clube Teatral Elsinor será o encargado da representación na que actuarán Manuel Lourenzo, Cristina Fuentes, Margot R. Alvarade, Carme Martinez, Xosé Martínez, Xulia Miguel e Xabier Esteller.
SOBRE O DIRECTOR
Manuel Lourenzo, nado en Ferreira do Valadouro, é actor, dramaturgo, director teatral, tradutor e dinamizador de diferentes iniciativas teatrais.
Manuel Lourenzo cursou estudos de Maxisterio. Entre 1962 e 1964, viviu en Alemaña. Volta a Galiza e, en 1965, xunto con Francisco Pillado, o Grupo de Teatro O Facho, grupo ligado á Agrupación...
leer másA Delegación de Cultura organiza un espectáculo de pompas de xabón xigantes para o público familiar que se celebrará o vindeiro venres, 3 de agosto. Será ás 12:00 horas e terá lugar no centro sociocultural Manuel Díaz Sampedro.
Os Fabulosos Cleaners presentarán un sorprendente espectáculo visual con pompas de xabón dirixido a un público de todas as idades. Interpretado por Xoque Carvajal e Jouse García, é unha creación de Luis Beviá e o propio Xoque Carvajal é quen tamén dirixe esta cita xunto a Marcos Orsi.
É unha actuación enmarcada dentro do programa Cultura no Camiño 2018 da Xunta de Galicia.
Barreiros acolle o vindeiro domingo, 8 de xullo, unha actividade de promoción da lingua galega para a que contará coa presenza de Os Bolechas.
O centro sociocultural Manuel Díaz Sampedro, en San Cosme de Barreiros, será escenario do espectáculo O Amigo Monte, de Os Bolechas a partir das 12:30 horas.
A actividade está incluída no programa de animación lingüística FalaRedes da Xunta de Galicia. O Concello colabora con este acto.
O grupo teatral O Centiño de San Martiño, en Foz, estrea a súa terceira obra titulada El Guindilla. Será este sábado, 30 de xuño.
A representación terá lugar ás 21:00 horas na área recreativa de Ferreiravella, en San Martiño, que é o lugar de ensaio do grupo.
A asociación cultural O Centiño presenta El Guindilla como a obra máis picante endexamais escrita e dirixida por Pepe Peinó, que levará por diversos escenarios da provincia comezando pola semana do teatro de Foz, en agosto, e continuando polos circuítos de Buxiganga.
A Delegación de Cultura programa unha representación teatral para este domingo, 17 de xuño.
O grupo Andanzas representará a obra El caso de la mujer asesinadita, escrita por Miguel Mihura e Álvaro de la Iglesia. É unha comedia emocionante de intriga, pertencente á “alta comedia”, e na que os autores desmontan o mito do matrimonio burgués de épocas pasadas.
A representación, para todos os públicos, será ás 19:00 horas, no centro sociocultural Manuel Díaz Sampedro.
O domingo, 10 de xuño, estará en Viveiro A Tropa do doutor Milagre-Cooperando facemos a viaxe.
Esta actividade desenvolverase na Praza Maior, a partires das 12:00 horas, e está incluída no programa Cooperativismo en Movemento 2018 da Xunta de Galicia.
A Tropa do doutor Milagre é un explosivo e curativo espectáculo de rúa para todos os públicos, no que non faltarán elixires, cataplasmas, cremas e pomadas listas nos seus floreados frascos. A Tropa fai unha chamada a asistir a esta cita: “veñan facerse cun dos nosos remedios curativos”.
En caso de mal tempo a actividade trasladarase ao Conservatorio Municipal.
A Concellería de Cultura presenta á compañía Caramuxo Teatro, dentro da programación cultural da Rede de Teatro e Auditorios de Galicia e de AGADIC. A actuación será mañá, 19 de maio, ás 18 horas no auditorio da Casa da Cultura, a entrada será de 3 euros e a idade recomendada será para público de 6 meses a 5 anos e familiares.
Caramuxo Teatro é unha compañía de teatro infantil e familiar nada na Coruña no ano 2003 dirixida por Juan Rodriguez e Laura Sarasola. Traballa ademáis, nunha liña especifica na creación de espectáculos para bebés. Caramuxo crea espectáculos poéticos e visuais axeitados para gozar en familia, tendo unha especial responsabilidade có público mais novo. Dende os inicios mistura diferentes técnicas, teatro de actor, títeres, danza… A liña de traballo parte duns textos elaborados a partir da experiencia no eido educativo...
leer másA Delegación de Cultura do Concello de Foz programa unha exposición de debuxos de Juan A. Mariño Domenech, que se inaugurará o día 14 de maio no CENIMA, e unha obra de teatro que se representará en Cordido o día 17.
O vindeiro luns, 14 de maio, inaugurarase a exposición de debuxo a cores con obras de Juan A. Mariño Domenech. Esta mostra permanecerá na sala de exposicións do CENIMA ata o día 6 de xuño. O horario de visita será de 10:00 a 14:00 horas de luns a venres.
O xoves 17, Día das Letras Galegas, o grupo de teatro A Adala Infantil presentará Mamasiña que medo! A representación terá lugar no centro social de Cordido, ás 19:00 horas. Organiza a Comunidade de Montes en Man Común da parroquia de Cordido coa colaboración do Concello de Foz. A obra conta a historia dunhas bruxiñas e un ogro grande e temido por...
leer más