Teatro
A Panadaría presenta a comedia teatral Elisa e Marcela que porá en escena este sábado 17 de febreiro, ás 20:30 horas, no Teatro Pastor Díaz de Viveiro.
A historia conta como no ano 1901 en A Coruña, dúas mulleres, unha delas vestida de home, casan na Igrexa de San Xurxo. A obra é unha sucesión de persecucións policiais, fuxidas en dilixencia, cambios de identidade e informacións manipuladas. As cómicas de A Panadaría presentan unha reconstrución irreverente dun suceso real. Unha comedia musical onde o verídico parece invento. Elisa e Marcela é unha historia de amor a contratempo.
O elenco artístico está formado por Areta Bolado, Noelia Castro e Ailén Kendelman, baixo a dirección de Gena Baamonde.
Kids&Us, escola de inglés con metodoloxía innovadora e diferencial de aprendizaxe, presenta a Storytime Under the sea o próximo sábado, 17 de febreiro, ás 12:00 horas na Librería Bahía de Foz. As storytime son representacións teatrais 100% en inglés; a través de distintos personaxes, cancións e material creado por Kids&Us, os nenos e nenas son transportados a un mundo cheo de fantasía no que vivirán aventuras en inglés.
Kids&Us invita a todas as familias con nenos e nenas entre 1 e 8 anos a desfrutar deste teatro en inglés na Librería Bahía. A entrada será gratuíta e haberá moitas sorpresas para os pequenos: agasallos, sorteos, etc.
Kids&Us é moito máis que unha academia de idiomas, é un universo no que o aprendizaxe do inglés faise realidade. A metodoloxía permite que nenos e nenas a partir de...
leer másA antiga escola de Fazouro acolle este sábado, día 3, ás 20:00 horas unha representación teatral a cargo do grupo O Centiño, de San Martiño, que ofrecerá a obra titulada Zume de Amorodios. A entrada é gratuíta.
Esta actividade, que forma parte do ciclo de teatro afeccionado nas parroquias, está organizada pola Delegación de Cultura do Concello de Foz e agrupación A Adala, de Fazouro.
O grupo de teatro do colectivo cultural Ollomao presenta este sábado, 3 de febreiro, en Foz a obra Enciclopedia Álvarez. Esta representación terá lugar na Sala Bahía ás 20:00 horas, e o prezo da entrada é de 3 euros.
Enciclopedia Álvarez é unha peza teatral que se achega en clave de humor á realidade da escola franquista, tomando o seu título dun dos máis célebres libros de texto deste período, a Enciclopedia Álvarez. A obra ven ser un exercicio de memoria histórica sinalando os aspectos máis regresivos dun modelo educativo destinado a reproducir o corpo de valores e o proxecto social da ditadura. A montaxe non fica no teatro de tese senón que no seu ritmo e estilo achégase á comedia introducindo elementos de contemporaneidade.
A representación, organizada pola asociación cultural A Pomba do Arco, é resultado dun...
leer másO grupo de teatro Os Ghazafelhos presenta este sábado, 3 de febreiro, en Viveiro a comedia Lúa. Será no Teatro Pastor Díaz ás 18:00 horas.
É unha obra para público infantil de máis de 5 anos, dirixida por Pepablo Patiño, quen tamén forma parte do elenco artístico xunto a Jorge Casas e Montse Piñón.
A historia conta que algo acontece na terra onde hai moito ruído, berros e enfados que fai que a Lúa estea preocupada porque con tanto barullo as estrelas asústanse e non queren achegarse, así que decide baixar á terra e saber qué sucede.
Lúa trata dunha analoxía entre o fantástico e o máxico á relación que temos as persoas no noso mundo que nos leva a non entendernos, e provocar medos e violencia. Da man dunha nena chamada Lúa a historia percorre o mundo da xente adulta cos ollos da infancia...
leer másA compañía Teatro Crea de Viveiro presenta a obra E ti, sabes de que cor son todas as laranxas?.
Esta representación terá lugar o domingo, 28 de xaneiro, ás 18:00 horas no Teatro Pastor Díaz. O prezo da entrada é de 2 euros.
A obra, dirixida a un público infantil e familiar, está dirixida por Lara Fernández Noriega cun guión inspirado en textos de Carlos Casares.
A Delegación de Cultura do Concello de Foz organiza representacións teatrais para o 13 de xaneiro, sábado, en tres localidades do municipio.
En Vilaronte, o grupo Pico do Castro representará a obra A miña muller volveu. Terá lugar ás 19:00 horas no local da asociación cultural O Castro de Vilaronte.
Na parroquia de Nois o grupo de teatro A Adala presentará a obra Ola Doutor. Dará comezo ás 19:00 horas no centro social A Saira.
Tamén ese sábado 13 de xaneiro, en Marzán o grupo O Centiño porá en escena a obra Zume de Amorodos. Será ás 20:00 horas no local da Antiga Báscula.
O 17 de decembro haberá teatro en Barreiros. O grupo Axóuxeres porá en escena "Non casei con todos".
O Concello de Barreiros programa para o vindeiro domingo, 17 de decembro, unha nova representación teatral.
O grupo Axóuxeres, de Vilaronte, porá en escena Non casei con todos. Trátase dunha obra cómica que reflicte situacións da vida cotiá. A actuación dará comezo ás 18:00 horas e terá lugar no centro sociocultural Manuel Díaz Sampedro, en San Cosme de Barreiros.
Esta actividade está organizada pola Concellería de Cultura, a través da Oficina de Información Xuvenil, do Concello de Barreiros.
Elefante Elegante estará o sábado, 16 de decembro, no Teatro Pastor Díaz de Viveiro, con “A danza da choiva”.
Esta obra gañou o Premio María Casares 2017 ao mellor Espectáculo Infantil, e cóntanos qué acontecería se de súpeto deixase de chover, non durante un mes, un verán ou un ano, senón para sempre. María Torres e Gonçalo Guerreiro son autores e directores desta montaxe.
Trátase dun espectáculo de teatro xestual, con danza, manipulación de obxectos e monicreques. Os seus efectos cómicos, plásticos e poéticos advirten, divirten e fascinan ao público familiar e infantil a partir dos 3 anos.
A representación dará comezo ás 18:00 horas e a duración é de 50 minutos.
O grupo humorístico Trípode organiza unha gala benéfica para recadar fondos a favor de Cáritas. O evento terá lugar na Casa da Cultura Manuel Lourenzo de Ferreira do Valadouro, o domingo 17 de decembro, ás 18:00 horas, coa colaboración do Concello do Valadouro.
É costume que o grupo Trípode represente unha das súas obras e que estea acompañado por unha actuación musical. Nesta ocasión o grupo Trípode representa a súa obra Cousas de vellos, e os encargados da parte musical son os compoñentes de Xuntanza Musical que está formado polos músicos mariñáns: José Ramón Rico (Lourenzá) – saxo tenor, Manolo Cabaleiro (Moucide) –saxo alto, Remigio Vizoso (San Pedro de Mor) –batería, Esperanza Pérez (Viveiro) – percusións, Lino Rico (Lourenzá) – acordeón, e Antón Expósito (Lourenzá) –saxo alto-. O repertorio que interpretarán será como o das...
leer más