Teatro
O Concello de Cervo organiza un espectáculo musical que correrá a cargo do grupo Píscore este sábado, 14 de abril.
A actuación terá lugar no auditorio da Casa da Cultura de San Ciprián, ás 20:00 horas. A entrada é libre.
Píscore está formado por catro virtuosos percusionistas e presentan esta montaxe titulada, Concerto singular, que é unha comedia musical e xestual.
Mañá, martes, poranse á venda en Burela 300 entradas para ver a Carlos Blanco e Xosé Antonio Touriñán o vindeiro 15 de xuño na Casa da Cultura co seu traballo Somos criminais. Poderán adquirirse na Biblioteca e no restaurante Mis en Plas, segundo ven de anunciar o concelleiro de Cultura, José Díaz, desde 10 euros.
Nesta comedia Carlos Blanco e Xosé A. Touriñán fanse unha serie de preguntas sobre Galicia, como si temos unha cultura propia ou se delinquimos como galegos. Os dous actores analizan e dramatizan sobre crimes autóctonos en todas as súas variables, desde o crime por inconsciente ata o crime por acumulación de mala hostia, pasando polo crime familiar por mor das herdanzas, o asasinato por suxestión ou as orixes do narcotráfico galego.
As entradas para este espectáculo seguen tamén á venda en internet en...
leer másA Concellería de Cultura, a través da Oficina de Información Xuvenil, organiza unha representación teatral para o vindeiro domingo, 25 de marzo.
Con motivo da celebración do Día Mundial del Teatro, o grupo A Adala porá en escena a obra Elixir de Xuventude. Trátase dunha comedia costumbrista.
A representación terá lugar o 25 de marzo, ás 18:00 horas, no centro sociocultural Manuel Díaz Sampedro, en San Cosme de Barreiros.
O grupo Sarabela Teatro representará a obra O secuestro da bibliotecaria este sábado, 10 de marzo, ás 18:00 horas no Teatro Pastor Díaz de Viveiro.
Trátase dunha comedia dirixida ao público infantil de 5 a 12 anos, dirixida por Fina Calleja.
Conta a historia da señorita Ernestina, a fermosa bibliotecaria da vila de Parangón, que aínda que é orfa e non ten familiares ricos, os bandidos desta peza decidiron secuestrala. Pretenden xerar un caos cultural que obrigue ás autoridades a pagar polo rescate da bibliotecaria. Así e todo as intencións desta banda tomarán un novo camiño ao descubrir que a señorita Ernestina os contaxiou co virus da varicela, así que deben atopar unha solución para o problema pero non teñen nin idea de onde buscala. Por se todo isto fora pouco un tremor de terra ven a complícalo todo.
As Concellerías de Igualdade e de Cultura, organizan o monólogo Golpes, protagonizado pola actriz barreirense Estíbaliz Veiga. Terá lugar o sábado, 10 de marzo, ás 20:00 horas, na Casa da Cultura de Burela, con entrada gratuíta. A presentación desta actividade tivo lugar esta mañá, e contou coa asistencia dos concelleiros de Igualdade e de Cultura, Patricia Otero e José Díaz, que estiveron acompañados polo alcalde, Alfredo Llano. O monólogo enmárcase dentro da programación para conmemorar o Día Internacional da Muller.
O concelleiro de Cultura, José Díaz, anunciou que “hoy presentamos el cartel de la actuación aquí de Estíbaliz Veiga, el monólogo que va a hacer este próximo sábado, día 10, dentro de los actos del Día de la Mujer que se celebra el día 8”.
O edil socialista subliñou que “está patrocinado por la...
leer másO grupo de teatro O Centiño, de San Martiño, representará a obra Zume de amorodios en San Cosme de Barreiros. Trátase dunha comedia centrada no amor, nas súas diversas idades e manifestacións.
Será este domingo, 11 de marzo, ás 18:00 horas, no centro sociocultural Manuel Díaz Sampedro.
O vindeiro venres, 2 de marzo, ás 21 horas na Casa da Cultura de Burela, terá lugar a representación da obra "Elixir de Xuventude", a cargo do Grupo de Teatro A Adala, de Fazouro. A actividade enmárcase dentro da Programación Cultural do Concello de Burela. A entrada será libre e para tódolos públicos.
"Elixir de Xuventude" é unha obra cómica. Esta obra trata sobre a vida nun convento a onde chega unha novicia con gañas de modernizar a tenda que hai no mesmo (novos produtos, novas receitas,…), pero dentro de tanta innovación entra no convento un ingrediente especial que revoluciona os efectos do elixir de xuventude, as ventas e a vida no convento. ¿Terá cabida tanta novidade ou haberá que volver a receita do elixir tradicional?
O colectivo cultural Ollomao de Barreiros porá en escena a obra Enciclopedia Álvarez. Será este domingo, 4 de marzo, ás 20:00 horas, no Auditorio Municipal Hernán Naval de Ribadeo. O prezo da entrada é de 3 euros.
Dirixida por Ramón Casas Oroza é a historia do día a día de catro nenas e catro nenos sometidos á absurda e ilóxica “des-educación” da escola franquista. Unha historia contada con humor, porque desde o humor é máis agradable exercer a sempre necesaria memoria histórica.
Enciclopedia Álvarez é unha invitación ao sorriso. Un achegamento a esas historias desde os ollos inocentes dos nenos e nenas protagonistas da historia. Nenos e nenas que as lembran desde a súa posición actual de adultos, e baixo o prisma do paso do tempo que todo o suaviza.
O 3 de marzo chega ao Pastor Díaz, de Viveiro, a comedia "Ubú Rei", que porá en escena Talía Teatro.
Talía Teatro presenta a comedia Ubú Rei este sábado, 3 de marzo, ás 20:30 horas, no Teatro Pastor Díaz de Viveiro.
A historia conta como Pai Ubú, impulsado pola súa ambiciosa muller Madre Ubú, asasina ao seu protector, o Rei de Polonia, e a case toda a súa familia para roubarlle os seus estados. Despois dun breve triunfo instaura un reinado de corrupción e nepotismo levados ata o absurdo.
Ubú Rei é unha proposta cruel e traxicómica sobre os extremos da ruindade e da degradación do ser humano. A súa relevancia radica no desconcerto que provoca e na destrución de case todas as normas e tabús do teatro contemporáneo. O seu protagonista, o innobre e grotesco Ubú, vai directo ao corazón da conciencia burguesa e aínda hoxe a escandaliza nas súas numerosas representacións e adaptacións.
Nesta...
leer másCaramuxo Teatro presenta Ela o sábado, 24 de febreiro, ás 18:00 horas no Teatro Pastor Díaz de Viveiro.
Ela é a nova proposta de Caramuxo Teatro para todos os públicos, e crea un mundo fantástico a través das cores, a arte e o universo creativo de Maruja Mallo. Trátase dunha mistura de poesía, humor, teatro e danza.
É unha adaptación de Laura Sarasola e Juan Rodríguez, que tamén interpretan a obra xunto a Suso Jalda.