Teatro
O xoves, 31 de xaneiro, terá lugar no Cenima, en Foz, un acto sobre “O teatro de Manuel María”. O seu inicio está previsto para as 20:30 horas.
Está organizado pola Pomba do Arco e no mesmo participarán Pilar García Negro e Alberte Ansede.
Despois de máis de vinte representacións por toda a xeografía galega e do occidente asturiano, en moitas das cales houbo que colocar o cartel de “non hai entradas” (Betanzos, Vedra, Vegadeo, Rinlo,...), pódese considerar esta produción como un dos éxitos indiscutibles do teatro afeccionado galego desta tempada.Este espectáculo foi galardoado co premio Conde Santo á Mellor obra e co premio Lourenzo ao Mellor Actor Protagonista no I Certame de teatro afeccionado de Lourenzá (no que tamén estivo nominada á mellor posta en escena e á mellor actriz protagonista) e cos premios á Mellor Montaxe e Mellor Actriz Protagonista nos XXI EncuentrosTeatrales de Vegadeo (Asturias). Foi tamén seleccionada para participar no IX Encontro de teatro afeccionado de Betanzos 2018, no Festival Teatrofilia de Vedra e na Mostra Internacional de teatro amador Estenarúa de Ferrol.
... leer másA Concellería de Cultura barreirense organiza unha representación teatral que terá lugar o vindeiro domingo, 27 de xaneiro.
O grupo O Bordelo porá en escena a obra Toluras de proveito. Será no centro sociocultural Manuel Díaz Sampedro o domingo ás 18:00 horas.
Trátase dunha comedia costumista, orixinal do director do grupo, Francisco Piñeiro.
Burela acollerá a representación dun novo musical infantil o vindeiro 12 de xaneiro. Trátase de Supercalifragilístico que rende homenaxe á famosa Mary Poppins. As entradas xa están á venda no restaurante Mis en Plas e en www.woutick.es
O concelleiro de Cultura, José Díaz, dixo que “desde o Concello de Burela queremos anunciar a presenza aquí en xaneiro da compañía Moita Merda, que vai traernos un musical infantil, un máis despois do que tivemos en decembro con moito éxito”.
O edil socialista explicou que “será o sábado 12 xaneiro ás seis da tarde. Chámase Supercalifragilístico. É un musical sobre a personaxe de Mary Poppins, de sobra coñecida por todos nós. Foi unha película de Walt Disney que se estreou no ano 1964, tivo moita repercusión, foi candidata a varios óscars e gañou...
leer másA compañía La Bicicleta, elenco estable do Teatro Sanpol de Madrid, porá escena este sábado, 29 de decembro, no auditorio municipal de Burela Rapunzel, a bonita historia fabulada polos irmáns Grimm convertida nun divertido e xoguetón espectáculo musical para @s máis pequen@s. Será en dobre función ás 18:00 e ás 20:00 horas.
A música de George Gerschwin, as cancións e os bailes enmarcan a historia da fermosa nena dos cabelos de ouro encerrada nunha torre que non ten escaleiras.
Durante anos o único lazo que une á moza co mundo exterior é a visita da bruxa que a secuestrou. Todos os días ao escoitar a frase “Rapunzel, Rapunzel, lánzame a túa cabeleira para subir por ela sen escaleira” a longa e dourada cabeleira cae desde o alto. E a bruxa sobe por ela e asegúrase de que continúe sendo a súa prisioneira.
... leer más
Este mércores, 26 de decembro, o Teatro Pastor Díaz de Viveiro acolle a representación de Lila Teatro titulada "Duncan de palleiro". Será ás 18:00 horas e está dirixida ao público infantil de 3 a 12 anos.
Conta a vida dun can de palleiro moi especial chamado Duncan. Leva unha vida sinxela, á beira do seu amo Aurelio e dos seus amigos, veciñas e rébanos de sempre, nunha pequena aldea no medio das montañas. Duncan ama profundamente aos nenos e nenas e alí onde vai leva consigo unha gran sorpresa que non deixa indiferente a ninguén.
A obra é propia da compañía e baixo a dirección de Lila Teatro está protagonizada por Linés González e Lara Manzano. Está incluída no programa Proscenio da Deputación de Lugo.
Touporroutou Teatro presenta este sábado, 15 de decembro, Comedia Bífida.
Este grupo, formado polas persoas que poñen en marcha o antroido focego, poñerá en escena a obra Comedia bífida de Manuel Núñez Singala que, en tono de comedia, preséntanos algunhas das situacións que vivimos a diario en relación co galego. A compañía, dirixida por Chus Rábade, está formada por Tono Neira, Marcos Fernández, Almudena Rubal, Olaia Otero, Xorxe Castro, Rebeca Vázquez, Laura e Paz Quiroga.
A representación terá lugar no salón de actos do colexio Martínez Otero de Foz, ás 20:00 horas.
É a terceira edición dunha actividade exitosa e innovadora na zona: microteatro en bares. Trátase dun circuíto de pequenas representacións teatrais de breve duración, ben monólogos, ben pequenas obras de teatro de poucos participantes, que terán lugar a carón do mostrador dos bares e cafeterías barreirenses.
Tras dúas edicións nas cales todos os establecementes de hostalería de Barreiros tiveron a oportunidade de acoller algunha actividade de Ollomao, o colectivo barreirense lanza nesta ocasión unha convocatoria para que sexan os propios establecementos quen soliciten contar cunha destas representacións. O límite máximo está en dez locais, e o criterio para a selección é a orde de inscrición. Tras completar o número máximo xerarase unha lista de agarda por se se dera algunha baixa.
Os requisitos para que un...
leer másA asociación de Mulleres Rurais As Espalladoras organiza unha representación teatral que terá lugar este xoves, 6 de decembro.
A función correrá a cargo do grupo de teatro Axóuxeres, de Vilaronte, que porá en escena a obra Non casei con todos. Terá lugar no pavillón de San Román de Vilaestrofe ás 19:00 horas.
Colaboran a Comunidade de Montes de San Román e o Concello de Cervo.
O xurado da segunda edición do certame de teatro Concello de Lourenzá deu a coñecer a relación dos nominados que optan aos premios, que serán entregados na gala que se celebrará o 9 de decembro, domingo.
Os nominados son os seguintes:
* Premio Conde Santo á mellor representación:
Avelaíña Teatro, de Pontevedra
Fauna 113, de Vigo
Rebuldeira Teatro, de Sarria
* Premio Lourenzo ao mellor actor:
Fernando Díaz, de Rebuldeira Teatro
Xulio Leal, de Avelaíña Teatro
Pablo Rodríguez, de Fauna 113
* Premio Ana á mellor actriz:
Iris Darriba, de Fauna 113
Elvira Pallares, de Rebuldeira Teatro
Amparo Urtaza, de Avelaíña Teatro
* Premio ao mellor actor de...
leer más