Teatro

Etiquetas:
09/10/2019

O certame de teatro afeccionado Concello de Lourenzá consegue un récord de participación na súa terceira edición, con 21 compañías presentadas.

O concelleiro de Cultura, Manuel Arango, explica que “a esta edición presentáronse 8 compañías da provincia de A Coruña, 8 de Lugo, 3 de Pontevedra e 2 de Ourense. Nos próximos días reunirase o xurado para visionar as gravacións das obras presentadas e escoller as 8 que van ser representadas na fase final, que se celebrará os sábados e domingos de novembro”.

 

Etiquetas:
07/10/2019

O Concello de Foz programa para este mes de outubro un ciclo de teatro con catro representacións, todas elas interpretadas só por mulleres. Serán os días 11, 18, 25 e 31 na Casa da Cultura ás 21:00 horas. Foi presentado hoxe, luns, polo alcalde, Fran Cajoto; o concelleiro de Cultura, Héctor Moris; e a concelleira de Muller, Verónica Peña.

O venres 11 a compañía Teatro do Atlántico ofrecerá a obra Dúas donas que bailan, coas actrices María Barcala e Mari Ángeles Iglesias.

A seguinte representación será o venres 18 e correrá a cargo de Malasombra Produccións, coa obra Bernarda, que interpretarán Celia González, Luisa Marelas y Esther Aja.

O venres 25 EM2 ofrecerá A noiva de Don Quixote, con Mercedes Castro.

E o ciclo rematará o xoves 31 con Contraproduccións e a...

leer más
04/10/2019

O grupo teatral O Centiño de San Martiño actuará este sábado, 5 de outubro, ás 20:00 horas na Casa da Cultura Manuel Lourenzo de Ferreira do Valadouro.

O Centiño porá en escena El Guindilla, a historia dun superhéroe amante de facer xustiza e axudar aos débiles e oprimidos. El Guindilla é tamén un héroe fallón e metepatas que tan pronto as dá como as recibe. Os espectadores poderán ademais visitar os estudos de televisión de Teleparrucha, cantar as cancións de Jacky e Pinky e rirse coas pallasadas dos ladróns Triquiñuela e Carajillo.

 

Etiquetas:
02/10/2019

Do 4 ao 6 de outubro terá lugar en Ribadeo a XVII Mostra de Teatro Afeccionado Daniel Cortezón, que foi presentada esta tarde pola concelleira de Cultura, Pilar Otero, e pola viúva do dramaturgo, Matilde González. Trátase dunha edición especial porque o seu inicio coincide co décimo aniversario do pasamento de Cortezón. Ata Ribadeo chegarán grupos teatrais de Castro de Rei, Palas de Rei e Vedra.

A edil ribadense dixo que “esta edición ten un carácter especial pois precisamente o día 4 de outubro hai 10 anos do pasamento do autor que homenaxeamos cada ano con esta Mostra. Estamos convencidos de que compartimos co autor de Xelmirez ou A gloria de Compostela a idea do  teatro afeccionado como un piar fundamental daquel outro para o que el escribiu. En cada programa da Mostra tentamos mesturar tipos de público, tipoloxía dos textos e mesmo...

leer más
01/10/2019

O grupo de teatro afeccionado Obra Viva porá en escena a obra Casa Macho o domingo, 6 de outubro, ás 20:00 horas no Teatro Pastor Díaz de Viveiro.

A representación, para todos os públicos, está dirixida por Vicente Míguez Salgueiro que tamén é o autor. O elenco está formado por dezasete actores e actrices.

Narra a historia dunha familia que reflicte o desencontro ao tratar a relación interxeracional, patriarcado e denuncia machista. Trátase dunha aposta pola fala galega, denuncia social, reivindicación de valores humanos e mailo humor.

A función inclúese na programación cultural do Teatro Pastor Díaz, de Viveiro, para o último trimestre do ano.

 

Etiquetas:
27/09/2019

A Concellería de Cultura programa para o mes de outubro diversas actividades para nen@s, eventos musicais, teatrais e unha actuación de Serxio Pazos, que terá lugar o día 26.

Esta programación dará comezo o 5 de outubro co Teatro Marionetas Trécola que presentará a obra Xogo revolto, dentro do programa Ler conta Moito. Será ás 18:00 horas con entrada gratuíta. O domingo 6 ás 18:30 horas proxectarase unha película infantil dentro do ciclo Burela de Cine. A entrada será tamén gratuíta.

O 11 de outubro ás 21:00 horas a compañía El Vacío Fértil representará El mal de la piedra, dirixido a público adulto. O prezo da entrada é de 5 euros. O día 12 ás 18:00 horas Pablo Díaz presentará Contando números, cantando cores, dentro da campaña Ler conta moito, con entrada gratuíta.

O 19 de outubro ás 18...

leer más
Etiquetas:
25/09/2019

Na axenda cultural de Ribadeo para os vindeiros días figura un espectáculo de maxia para nen@s e a función teatral protagonizada por El Brujo que terá lugar o domingo, 29 de setembro.

Este xoves, 26 de setembro, terá lugar unha actividade con motivo da celebración do Día Mundial do Alzheimer titulada O cerebro envellece e o corazón engrandece. Será no Cine Teatro ás 12:00 horas e está organizado polo centro de día A Concordia.

Tamén mañá celebrarase o acto de conmemoración do centenario do naufraxio do bote Fernando Villamil. Será no Forte de San Damián ás 17:00 horas.

O venres, 27 de setembro, haberá un espectáculo de maxia para nen@s, dentro do programa Apego, titulado Somos iguais na maxia e ofrecido por Ian & Elisa que con esta obra transmiten valores como a importancia da...

leer más
Etiquetas:
17/09/2019

A Burela chegará este sábado, día 21, Caxoto Contacontos cun Conto para escoitar mentras bailamos un valse. Será a partires das 19 horas na praza da Mariña. 

A actividade enmárcase na programación cultural do mes de setembro. E está organizada e patrocinada pola Concellería de Cultura de Burela, pola Xunta de Galicia, polo Agadic, por Ler conta moito e polo Xacobeo 2021. 

E o domingo, 22 de setembro, haberá unha nova sesión de cine infantil. Será na Casa da Cultura ás 18:00 horas. 

 

Etiquetas:
05/09/2019

Rafael Álvarez “El Brujo” presenta en Ribadeo a obra Autobiografía de un Yogui. A representación terá lugar no auditorio municipal Hernán Naval, o domingo 29 de setembro, ás 20:00 horas.

A venta de entradas anticipada é a través de https://entradas.ataquilla.com.

A peza está baseada na obra de Paramahansa Yogananda que foi quen trouxo o yoga a occidente, non soamente o yoga físico senón tamén o raja yoga, que é como chaman na India á meditación, á ciencia da realización do ser. El Brujo di que esta autobiografía exerceu nel tan grande fascinación que quixo dala a coñecer a través deste espectáculo. 

 

Etiquetas:
25/08/2019

A XXXIV edición da Semana de Teatro Concello de O Valadouro dará comezo o vindeiro domingo, 1 de setembro, coa actuación do grupo Os Pícaros, de Lagoa, que presentará unha adaptación da obra Asilo por compasión.

O luns, 2 de setembro, actuará o grupo Lume Escénico, de A Pontenova, coa obra O achado do castro de Manuel Núñez Singala.

O martes, día 3, o grupo Axouxeres, de Vilaronte, porá en escena a obra Un divorcio no pobo de Tito Casado Agudín.

O mércores, 4 de setembro, o grupo O Bordelo, de Cervo, representará a obra Toluras de proveito de Francisco Piñeiro.

O xoves día 5 o grupo Touporroutou, de Foz, presentará Comedia bífida da que é autor Manuel Núñez Singala.

E o venres, 6 de setembro, actuará o grupo A Adala, de Fazouro, cunha...

leer más