Teatro
O Teatro Pastor Díaz de Viveiro acollerá este sábado, 4 de maio, ás 20:30 horas, a representación da obra Castrapo a cargo de Os Naufragos Teatro.
Conta a historia de Daniel, un escritor galego emigrado a Madrid que volve á terra logo da morte do seu pai con quen non mantiña unha relación fluída. No camiño encóntrase con Rosa, que colle o mesmo tren con destino A Coruña. Nesta viaxe a Galicia, Daniel atópase co seu pasado e coa necesidade da procura das súas raíces.
O elenco está formado por Denís Gómez, Victoria Teijeiro e Gustavo del Río.
Tamén no Teatro Pastor Díaz o domingo, 5 de maio, ás 19:30 horas, Andanzas Viveiro porá en escena Sainetes e poesía escénica.
O teatro e a poesía van da man nesta ocasión, poñendo en escena tres sainetes cómicos e un recital...
leer másA Concellería de Cultura presenta a Félix Rodríguez e a Fran Rei en Saaabor!, unha proposta cómica para todos os públicos, de creación propia e dirixida por Avelino González. Será este sábado, 27 de abril, ás seis da tarde na Casa da Cultura.
Saaabor! é un espectáculo cómico que mestura música, maxia e humor, moito ritmo e participación do público, co mundo da gastronomía de fondo. Félix e Fran, os protagonistas, convértense durante unha hora en dous recoñecidos chefs que ofrecen un gorentoso, equilibrado e, sobre todo, afinado menú do día: unha comida moi musical para toda a familia.
O food truck de Saaabor! chega á vila, un carro de xantar do que xorden infinidade de xogos cómicos, xogos máxicos e unha chea de obxectos de cociña cos que facer música. Unha hora de humor nun espectáculo gastronómico onde teñen...
leer másO Concello de Burela inclúe varias representacións teatrais e unha proxección de cine infantil na súa programación cultural para este mes de abril.
O venres, día 5, a compañía Volta e Dalle presentará Falar por falar. Será a partir das 21:00 horas e o prezo da entrada será de 4 euros.
O 12 de abril a compañía MalaSombra Producións porá en escena a obra O caso é ter saúde. A representación dará comezo ás 21:00 horas e o prezo da entrada será de 4 euros.
O 21 deste mes continuará o ciclo Burela de Cine cunha película infantil a partires das 18:30 horas.
E o 27 de abril rematará a programación cultural deste mes coa obra teatral Saaabor que presentará a compañía Cultura Activa. Será ás 18:00 horas e o prezo da entrada será de 2´50 euros.
O...
leer másA Concellaría de Igualdade trae a Ribadeo o espectáculo Anatomía dunha serea da compañía teatral Chévere, que versa sobre a violencia obstétrica. Será este domingo, 31 de marzo, ás 20.00 horas no Auditorio Municipal Hernán Naval.
Anatomía dunha serea é un proxecto de teatro documental e autobiográfico que fala das condicións nas que se dá a vida na sociedade actual, de como concibimos a maternidade nun mundo dominado pola lóxica do beneficio económico, de como asumimos a violencia contra as mulleres dentro dun hospital ou dunha sala de partos. Fala de violencia de xénero en lugares insospeitados, da falta de respecto pola intimidade nas contornas sanitarias e de certos tabús que persisten na sociedade hoxe e aquí.
Segundo a Organización Mundial da Saúde “en todo o mundo, moitas mulleres sofren un trato...
leer másO grupo de teatro Andanzas de Viveiro actuará este sábado, 30 de marzo, en San Ciprián. A representación terá lugar na Casa da Cultura, a partires das 20:00 horas.
Andanzas porá en escena El caso de la mujer asesinadita, obra de Miguel Mihura e Álvaro de Laiglesia, que narra a historia de Mercedes, quen un día ten un soño no que un matrimonio irrompe na súa casa, acompañado dun indio sioux. No diálogo que se establece, o matrimonio recoñece ter asasinado a anterior esposa do home. Ao espertar, Mercedes dáse conta que o home casado do soño non é outro que o seu propio marido.
Esta actividade está organizada polo Concello de Cervo.
O Concello de Barreiros organiza unha función especial para conmemorar o Día Mundial do Teatro. Será o vindeiro domingo, 31 de marzo, e correrá a cargo do grupo Ardora, que porá en escena a obra O silenzo do badal. Terá lugar no centro sociocultural Manuel Díaz Sampedro, de San Cosme de Barreiros, ás 18:00 horas.
O evento está organizado pola Delegación de Cultura do Concello de Barreiros, a través da Oficina de Información Xuvenil.
O Teatro Pastor Díaz de Viveiro acollerá este sábado, 23 de marzo, a representación de Commedia, ás 20:30 horas.
Esta comedia estreouse, en 1993, na Mostra Internacional de Teatro Internacional de Teatro de Ribadavia e tivo máis de 200 funcións en España, Portugal e Francia. Conta a historia como Arlecchino encontra unha carta de amor no mandil da súa muller e erradamente, pois a carta non era para ela, pensa que ela o engana. Desesperado quere matarse, pero deteno unha misteriosa voz que ven de ningures e que lle dá un anel máxico que ten a extraordinaria propiedade de facer perder a memoria a quen o pon. Arlecchino esquéceo todo pero, como daño colateral, esquece tamén a noción das convencións sociais.
O elenco artístico está formado por Víctor Mosqueira, Marcos Orsi, Nuria Sanz, Sergio Zearreta, Avelino...
leer másA Escola Municipal de Música O Pallarego, de Mondoñedo, anda esta temporada a retomar os ensaios do musical “O amor de Afonso Reimúndez”, estreada o 10 de agosto do ano pasado na Praza da Catedral con motivo do Mercado medieval mindoniense, será de novo representada o sábado, 23 de marzo, ás 21:00 horas no Auditorio Pascual Veiga de Mondoñedo.
A obra, escrita polo escritor Xosé Peinó e musicada por Xan Carballal, presenta unha trama de carácter histórico onde o rei Afonso VII fai balance do súa vida por medio das relacións mais persoais con: Dª. Urraca, Dª. Berenguela, Dª. Rica e, como non, Gontrada o seu amor prohibido. Todo isto está apoiado por personaxes históricos e ficticios sen deixar de falar sobre a situación política e social do seu entorno. Deste xeito personaxes da vida civil e eclesiástica como: o alcalde, o bufón, o cego......
leer másO Teatro Pastor Díaz de Viveiro acollerá este sábado, 16 de marzo, a representación de "A nena e o grilo máis aló", a cargo de Teatro Ghazafelhos. Dará comezo ás 18:00 horas e está dirixida a nen@s maiores de 3 anos.
Conta a historia da nena e o grilo que esmagan sen querer á súa amiga, a araña Xertrude. Buscando un xeito de devolverlle á vida atópanse cuns artistas ambulantes que os guiarán a través da maxia e da música ao país dos mortos, onde tentarán atopar a Xertrude para traela de volta.
Baixo a dirección de Pepablo Patinho quen, xunto a Magín Blanco, tamén é autor da obra, o elenco de actores e actrices está formado polo propio Pepablo Patinho, Montse Piñón, Jorge Casas, e Magín –guitarra e voz- e Cristian Legiero –teclado-.