Música
A Biblioteca Municipal de Foz organiza, en colaboración coa Rede de Dinamización Lingüística da Xunta de Galicia, un concerto de fado en galego para este sábado, 15 de novembro, a cargo dos músicos Gonçalo Guerreiro e Dani Pais. O acto terá lugar ás 20:00 horas no salón de actos da Casa da Cultura de Foz baixo o título Os sons do vento que pasa. Está dirixido a público de tódalas idades e, coma noutros actos anteriores organizados a través do programa de dinamización lingüística FalaRedes, a entrada será libre e de balde ata completar aforo.
Con esta proposta da Biblioteca Municipal de Foz, o público en xeral poderá gozar da música en galego a través dun coidado...
leer más
A Delegación de Cultura do Concello de Foz celebra o mes da música para conmemorar a festividade de Santa Cilla con tres concertos.
A primeira desas actuacións será este venres, día 14, ás 20 horas na Casa da Cultura e correrá a cargo da Big Band de Foz. A segunda será o sábado 22 ás 20 horas na Sala Bahía e actuará a Banda de Música de Foz e a terceira terá lugar na Casa da Cultura o venres 28 ás 20 horas a cargo da banda infantil de jazz For Fun, do Conservatorio de Fingoi (Lugo...
leer más