Deportes
Descubre el Fútbol Sala vuelve un curso más a los centros escolares de A Mariña y con novedades, con la máxima referencia del fútbol en la provincia. El próximo lunes el club burelista estrenará la gira con un invitado de lujo, el Club Deportivo Lugo. Los miembros de los primeros equipos del CD Lugo y del Pescados Rubén Burela FS participarán en un encuentro con más de 800 escolares de la comarca, en una acción enmarcada dentro del convenio de colaboración entre ambos clubes.
El equipo albivermello entrenará en el de fútbol Martínez Otero de Foz a las 10.00 de la mañana, en una sesión abierta a todos aquellos niños y niñas que deseen conocer a sus ídolos. Al final del entrenamiento, los jugadores y jugadoras del CD Lugo y del Pescados Rubén Burela FS visitarán 8 centros escolares de Foz, Burela, Alfoz y Ferreira.
... leer másO Concello de Cervo, a través da delegación de Deportes e en colaboración coa Escola de Mergullo Centro de Actividades Subacuáticas Costa Lugo, organiza unha nova xornada de bautismo de mergullo na Piscina Olímpica de Lieiro.
A actividade será o sábado 30 de marzo entre as 10:30 e as 13:30 horas.
A idade mínima para participar está fixada nos 16 anos.
Desde o Concello recordan “que a piscina municipal é única na provincia de Lugo polas súas características e ofrece tódalas prestacións para levar a cabo unha actividade deste tipo que permitirá aos participantes realizar unha primeira toma de contacto con este deporte acuático”
Os interesados poden anotarse na propia piscina ou chamando ao teléfono 609.42.32.10.
O Concello de Mondoñedo impulsa a 30 Concentración Mototurística N-634 A Invernal de Galicia, que se desenvolverá na localidade mariñá os días 16 e 17 de marzo. A alcaldesa, Elena Candia, destaca o labor da comisión organizadora, que preside Miguel Arias, para poñer en marcha esta actividade que “xa é un referente na Mariña, pois son moitos os afeccionados que chegan de distintos puntos de Galicia e incluso de España”.
A concentración iniciarase o día 16, ás 12.00 horas, coa inscrición dos participantes, os cales poderán degustar un ágape de benvida. Ás 16.00 horas, iniciarase a programación de xogos e de sorteos para, ás 17:00 horas, continuar coa exhibición acrobática de motos na Avenida de Bos Aires. Ás 20:00 horas, os moteiros farán unha ruta turística polo pobo e, ás 21:15 horas, degustarán unha cea, seguida da verbena amenizada pola...
leer másO domingo, 10 de marzo, a ruta de Enduro Medela cumprirá unha década de vida.
A cita deportiva foi presentada polo alcalde de Cervo, Alfonso Villares, o edil delegado de Deportes, José Ramón Soto, ademais de varios membros do Club Medela, Abel Ordás, Víctor Riera e Diego Ballesteros, que sinalaron que “a saída está prevista para as 9:30 horas desde a piscina municipal de Lieiro, e os participantes realizarán primeiramente un percorrido non competitivo por varias zonas do municipio, concretamente por Lieiro, Galdín e Gondrás”.
A proba, de dificultade media-alta, será de 29 quilómetros, e 1.400 metros de desnivel acumulado.
Villares e Soto quixeron agradecerlles unha vez máis aos rapaces do Club Medela o seu traballo “porque eles son os responsables do éxito desta competición á que dedican moitas horas do seu...
leer másO Presidente da Deputación e Alcalde da Pontenova, Darío Campos Conde, a Alcaldesa de Trabada, Mayra García Bermúdez, e o Alcalde de Meira, Antonio de Dios Álvarez, presentaron este martes o Campionato Galego de Seleccións Comarcais de fútbol sala, que se celebrará entre os días 2 e 4 de marzo, nos concellos de A Pontenova, Trabada e Meira.No acto tamén participaron membros da Federación Galega de Fútbol, como o Presidente do Comité Galego de Fútbol Sala e Vicepresidente da RFGF, Pablo Prieto, e o Vicepresidente da RFGF, Carlos Méndez ‘Negrín’.
Neste campionato, de carácter anual, competirán as seleccións comarcais de A Coruña, Santiago, Lugo, Ourense, Pontevedra, Vigo, Ferrol e A Mariña, nas categorías de benxamín (mixto), alevín (mixto e feminino) e infantil (masculino e feminino).
O Presidente explicou que “...
leer másO Presidente da Deputación, Darío Campos Conde, presentou este mércores na Praza Maior de Viveiro, a cuarta edición doRaid Gallaecia, unha proba multideportiva que se celebrará entre o 10 e o 19 de maio nos concellos da Comarca da Mariña e en Muras, e na que participarán máis de 150 deportistas de todo o continente. No acto, Campos Conde estivo acompañado polo Deputado de Deporte, Pablo Rivera Capón,a Alcaldesa de Viveiro, María Loureiro García, o Presidente da Mancomunidade da Mariña, Alfredo Llano García, os organizadores e representantes de varios dos concellos polos que descorrerá a proba.
O Presidente destacou que “A Mariña descóbrese como espazo cunha gran potencialidade para as competicións que unen deporte e o patrimonio natural, así se demostrou fai unhas semanas co Illa Pancha Challenge, un evento que encheu Ribadeo de...
leer másA asociación Os Sendeiros de Foz organiza unha andaina por Esteiro e Morás, en Xove, o 24 de febreiro.
A saída será ás 8:00 horas do colexio do Pilar e ás 8:20 horas de Ferreira.
O prezo é 20 euros para os socios federados, 24 euros para os socios non federados e 29 euros para os non socios. Para asistir é obrigatorio anotarse e pode facerse ata o día 20 de febreiro nos números de teléfono 606 718 482 e 670 369 017 e no e-mail: ossendeiros@yahoo.es.
A organización recomenda levar equipo de sendeirismo e informa que a ruta ten un nivel medio de dificultade.
Colabora con esta actividade o Concello de Foz.
A asociación de sendeirismo Pasada das Cabras, de Burela, organiza unha andaina pola Ruta da Seimeira nos Oscos (Asturias) este sábado, 9 de febreiro.
A saída será ás 9:00 horas da Estación de Autobuses de Burela. O prezo é de 20 euros para os socios e 25 para os non socios, inclúe autobús, comida e seguro.
Para participar nesta ruta é imprescindible anotarse e pode facerse en Gráficas Arfe ou no número de teléfono 982 580 504. O prazo para inscribirse remata o xoves 7 de febreiro, ás 20:00 horas.
A organización informa de que a ruta de 9 quilómetros, ten unha dificultade baixa.
O Centro Comercial Aberto de Foz fará entrega este domingo, 3 de febreiro, dunha bandeira de grandes dimensións destinada á afección do equipo de fútbol local, o CD Foz. Será antes do encontro que os enfrontará no Martínez Otero ao Viveiro e que dará comezo ás 16:30 horas.
A bandeira mide 54 metros cadrados (9x6) e servirá para animar aínda máis ao CD Foz, desde as gradas do estadio Martínez Otero.
No acto do vindeiro domingo participarán entre outros, os presidente do CCA e do CD Foz, José Carlos Paleo e José Mª García Rivera, respectivamente, ademais de directivos do colectivo empresarial e do club de fútbol.
O municipal de Xove acollerá mañá un derbi mariñán sen precedentes, en cuartos de Copa Galicia. O Pescados Rubén Burela FS visitará o SD Xove FS, de Segunda B, ás 21.00 horas para buscar o pase a semifinais.
O líder de Segunda LNFS terá que facer un alto no seu camiño ligueiro, coa visita de Bisontes Castellón este sábado a Vista Alegre (18.30 horas), para medirse ao sétimo de Segunda B. “Rompe un pouco a planificación á que estamos acostumados, pero é un reto moi bonito. Vai ser un partido complicado; xogaremos contra a gran motivación do Xove e contra moitos xogadores que pasaron pola base do Pescados Rubén. Nós temos que seguir na mesma liña, ser fieis na pista ao noso traballo da semana” explicaba o técnico laranxa, Juanma Marrube.
O espectáculo está garantido nesta gran cita. “O de Xove é un pavillón...
leer más