Deportes

Etiquetas:
26/09/2018

O Concello de Cervo abriu hoxe, mércores, o prazo de inscrición para a nova tempada das Escolas Deportivas Municipais ofrecendo un amplo abanico de actividades –ata quince- pensadas para todos os públicos.

O edil de Deportes, José Ramón Soto, e a de Educación, Dolores García Caramés, desprazáronse ata os centros educativos da localidade para entregar aos pequenos e pequenas o folleto informativo e as inscricións, que poden entregar na Casa do Mar, na Casa do Concello ou ben ao monitor/a correspondente o día que dea comezo a actividade.

Os pequenas e pequenas poderán asistir a actividade de pequexogos, fútbol sala, patinaxe artística, tenis e ping pong, pádel, bádminton (novidade como actividade independente, xa que anteriormente incluíase nos xogos de raqueta) multideporte –hóckei, atletismo, xogos populares…-, ou...

leer más
Etiquetas:
25/09/2018

O curso 2018-19 nas Escolas Deportivas Municipais de Foz comezará o vindeiro luns, día 1 de outubro, e desenvolverase ata o 31 de maio de 2019. A reunión de presentación terá lugar este xoves, día 27, ás 18:00 horas na Casa da Cultura focense.

Nas Escolas Deportivas Municipais de Foz poderán participar todos os nados entre os anos 2014 e 2002, ambos inclusive. Os alumnos deberán entregar unha fotocopia da tarxeta da Seguridade Social coa ficha. 

As cotas de inscrición para as actividades son as seguintes: 15 euros ao mes para os nenos/as que vaian a unha actividade; e 17 euros ao mes para os nenos/as que vaian a dúas ou máis actividades. As familias numerosas terán un desconto do 50 por cento. As fichas de inscrición entregaranse na Casa da Xuventude. 

Etiquetas:
24/09/2018

Súmate á moda do Laranxa e o Negro. Esta tempada por tan só 50 euros podes facerte coa nova camiseta de xogo 2018-19 e a bufanda que asolagará a bancada de Vista Alegre nas grandes celebracións.

Xa podes facer o teu pedido na sede do Pescados Rubén Burela FS (avenida Arcadio Pardiñas, número 97, entreplanta) tanto da primeira coma da segunda equipación.

Horario de atención ao público: De luns a xoves (10.00-14.00 horas //16.00-19.00) e venres (10.00-13.30 horas).

Etiquetas:
20/09/2018

No Concello tivo lugar a presentación do IV Torneo Marosa Cup, que se desenvolverá en Burela do 28 ao 30 de setembro. No acto participaron o presidente da AFD Porto de Burela, José Manuel Ares, o alcalde, Alfredo Llano, e o concelleiro de Deportes, Ramiro Fernández Rey. 

O edil burelés explicou que “vimos de presentar unha nova edición do torneo Marosa Cup, que se está convertendo evidentemente nun referente en canto á práctica futbolística a nivel das categorías inferiores. O Concello, como non podía ser doutra maneira, segue colaborando en todos estes actos e competicións que se organizan por parte dos distintos clubs de Burela”.

Fernández Rey subliñou: “temos que agradecer a achega que fai a Deputación de Lugo, a través da súa Área de Deportes, que nos bota unha man nos gastos deste torneo e que menos que...

leer más
Etiquetas:
20/09/2018

As asociacións Mariña Patrimonio e Fervenza de Sargadelos, coa colaboración do Concello de Cervo, organizan dous roteiros polo municipio cervense. A finalidade é dar a coñecer o entorno natural, paisaxístico e cultural, así como xacementos arqueolóxicos e outros restos de antigas construcións. 

O primeiro deles será o vindeiro 30 de setembro de mañá. A ruta comezará cunha interpretación do Castro de Rueta. Despois collerase o sendeiro que vai desde a praia pola beira do río Xunco, no que se encontrarán diversos muíños, para rematar no conxunto histórico de Sargadelos. O prazo para anotarse remata o día 26. 

O segundo realizarase o 27 de outubro e durará toda a xornada. A Fraga de Trasbar, de grande diversidade ecolóxica e medio ambiental para alén de se encontraren restos de carboeiras, será o punto de inicio da...

leer más
Etiquetas:
19/09/2018

A praia de Lieiro será escenario este sábado, 22 de setembro, do XI Macguiver Surf.

A cita deportiva foi presentada polo alcalde de Cervo, Alfonso Villares, a edil de Xuventude, Dolores García Caramés, e varios membros do Limosa Surf Club, que se encarga da organización do evento, coa colaboración do Concello.

As persoas interesadas en participar na  proba deberán achegarse a primeira hora á praia, porque ás 9:30 está previsto o peche da inscrición.

Poderán competir nas modalidades de surf adulto, Bodyboard, Longboard, e como novidade esta edición tamén na categoría surf júnior. Haberá trofeos para os tres primeiros clasificados de cada categoría.

A inscrición suporá un custe de 5 euros para participar na categoría júnior, e de 10 euros nas outras modalidades; xa...

leer más
Etiquetas:
19/09/2018

As escolas deportivas municipais de inverno, organizadas pola Concellería de Deportes de Burela, comezarán o día 1 de outubro. Están destinadas a nenos e nenas nados entre os anos 2003 e 2013. A novidade deste curso serán as rutas en bici. Ademais ofértase zumba, patinaxe artística, patinaxe lúdica, tenis de mesa e tenis. A inscrición estará aberta desde o 25 ao 28 de setembro.

O concelleiro de Deportes, Ramiro Fernández Rey, contou que “vimos de presentar a nova tempada de actividades das escolas deportivas municipais de inverno. Este curso imos seguir a liña na que estábamos traballando no último ano, que deu moi bos resultados. Ademais metemos algunha cousa nova como poden ser as rutas en bici, que fixemos este ano no verán e foron un auténtico éxito, polo que decidimos incluílas nas actividades de inverno”.

O...

leer más
Etiquetas:
17/09/2018

A Piscina Olímpica do Concello de Cervo iniciará a nova tempada de cursos o luns 1 de outubro.

O alcalde de Cervo, Alfonso Villares, e o edil de Deportes, José Ramón Soto, xunto a unha representación do equipo de socorristas e do persoal da piscina, presentaron as actividades para as que recordan que está aberto o prazo de preinscrición ata este mesmo xoves, 20 de setembro “e aquelas persoas interesadas poden, ou ben achegarse ata as instalacións; ou ben chamar ao número de teléfono 982.59.45.12”.

Villares sinalou que o cadro de persoal da piscina está formado por 6 monitores municipais, que ofrecen asesoramento e imparten os diferentes cursos, por grupos de idade; adultos, nenos e bebés. Ademáis tamén se ofertan clases de natación para mulleres embarazadas.

Dentro de cada grupo,...

leer más
Etiquetas:
17/09/2018

O Concello focense xunto co Club Ciclista Foz organiza o Día da Bici que se celebrará este vindeiro sábado, día 22 de setembro. A saída será ás 16:00 horas desde o Parque Infantil de Trafico. O percorrido discorrerá pola ruta das praias ata a área recreativa do río Ouro, en Fazouro.

As inscricións poden facerse desde hoxe, luns, ata o venres 21 na Casa da Xuventude focense. As persoas interesadas tamén poderán anotarse o propio día do evento, o sábado 22, desde as 14:30 ata as 15:30 horas, na saída, no Parque Infantil de Tráfico. Para inscribirse terá que facerse entrega dun quilo de produtos que se destinarán ao Banco de Alimentos.

Haberá premios para a bicicleta mellor engalanada, o mellor disfrace e os participantes máis novo/a e veterano/a.

Colaboran coa organización do Día da Bici:...

leer más
Etiquetas:
14/09/2018

Despois dos éxitos acadados recentemente nos Campeonatos de España de  Juveniles e Senior celebrados no Concello de Nigrán, o Club de Bolos Xove acolle o CAMPEONATO DE ESPAÑA DE VETERANOS (xogadores de 58 a 65 anos)  E SUPERVETERANOS (xogadores de máis de 65 anos), cita que se vai desenvolver este fin de semana na Bolera Municipal de Sumoas, no noso Concello, con arranxo ao programa seguinte:

SÁBADO, 15 DE SETEMBRO.- COMPETICIÓN INDIVIDUAL
As tiradas comezarán o sábado, día 15, ás 10 da mañá e continuarán ata que se decidan os campións individuais das dúas categorías (cunha paradiña para xantar a mediodía). Cada xogador fará un total de 15 tiradas e de aí sairán os 8 mellores Veteranos que se enfrontarán entre sí para decidir o Campeón de España.
Tamén desas primeiras 15 tiradas sairán os 4 mellores Superveteranos, quenes se...

leer más