As Concellerías de Deportes e de Servizos Sociais únense para ofrecer escolas deportivas de envellecemento activo para xoves de máis de 60 anos empadroados en Burela.
Segundo explican Carmela López e Ramiro Fernández “estas actividades están dirixidas a persoas activas e será o técnico de deportes do Concello de Burela, Iván Cao Lucas, o que imparta as clases, que serán lúdicas baseadas en xogos, estiramentos, forza xeneral con pesas, circuítos técnicos, actividades de coordinación...”.
A inscrición poderá realizarse na Casa do Concello do 7 ao 9 de marzo. A adxudicación de prazas será por rigorosa orde de inscrición, sempre que se cumpran os requisitos esixidos. As persoas interesadas en participar poden descargar a ficha de inscrición na web www.burela.org ou ben recollela no Casa do Concello.
As escolas deportivas para xoves de mais de 60 anos terán lugar en dous grupos os luns e os mércores na praza de abastos. O horario do primeiro será de 9:30 a 10:30 horas e o do segundo de 10:30 a 11:30 horas.
As actividades de Envellecemento Activo desenvolveranse do 14 de marzo ao 15 de xuño e do 19 de setembro ao 14 de decembro. A cota de inscrición é de 6 euros ao mes.