Deportes
08/09/2015
A asociación Pasada das Cabras de Burela organiza o día 12 de setembro unha ruta a Valporquero (León), con visita á cova e percorrido de catro quilómetros. Trátase dun tramo de dificultade baixa .
O prezo para os socios é de 25 euros e de 30 para os que non formen parte da asociación Pasada das Cabras. A entrada á cova está subvencionada polo colectivo organizador e a taxa a pagar inclúe viaxe, seguro e comida. A saída está prevista para ás 7 de mañá dende a estación de autobuses de Burela. Para participar é imprescindible anotarse en Gráficas Arfe ou no teléfono 982 58 05 04 antes do 10 de setembro ás 20 horas.
Esta ruta está patrocinada polo Concello de Burela.
07/09/2015
A asociación Os Sendeiros de Foz organiza o 19 de setembro o seu noveno encontro de sendeirismo “Río Ouro e Praias de Foz”. O punto de encontro será a Praza de Conde de Fontao e a inscrición debe facerse antes do día 11 nos teléfonos 696 236 020 (Luciano) ou 670 369 017 (Morís) ou no correo electrónico ossendeiros@yahoo.es. O prezo por participante é de 2 euros. A organización informa que “non se inclúen seguros de accidente, sendo responsabilidade de cada un os danos que poidan sufrir”.
03/09/2015
O pavillón polideportivo de Ribadeo será escenario este venres, 4 de setembro, a partir das 20 horas do partido que enfrontará a dous dos equipos galegos que, unha tempada máis, xogarán na LEB Ouro. O Cafés Candelas Breogán e o Leyma Básquet Coruña disputarán este amigable.
O evento está organizado polo CB Ría de Ribadeo, que conta coa colaboración do Concello, de Be One e de Galipizza.
O prezo das entradas será de 3 euros para os adultos e de 1 euro para os menores.
O Cafés Candelas Breogán concentrarase durante uns días en Ribadeo, a donde chega con toda a plantilla, incluídas as últimas viaxes. O de mañá será o seu primeiro partido da pretempada.
31/08/2015
A Pataca Naranxa presentou esta mañá unha nova edición do seu Trofeo e xa van once. No acto, que acolleu a sede laranxa, a presidenta da peña, Carmen Teijeiro, estivo acompañada polo secretario técnico do club, Juanma Marrube, o capitán Edu e o edil de Deportes de Burela, Ramiro Fernández.
En 2015-16 o galardón conta coa colaboración do CD Burela FS Pescados Rubén e o Concello de Burela, ademais de Living Sport, que doa os trofeos que recibirán os mellores do equipo laranxa de Primeira División LNFS a final de tempada.
Iago Míguez, Matamoros e Álex González recibiron o recoñecemento dos premios pataqueiros no décimo aniversario da gala. O 10 laranxa compartiu o trofeo de Máximo Goleador co xogador da Mariña, que tamén recibiu o de Mellor Xogador, mentres que o actual gardameta do Movistar Inter foi nomeado como o Xogador Máis Valorado pola peña....
leer más 31/08/2015
Este sábado, 5 de setembro, a peña barcelonista San Miguel celebra a xa tradicional churrascada de comezo de temporada. Como en pasados anos será no campo de fútbol das Valgas, en San Miguel de Reinante. O menú consistirá en entrantes, churrasco, criollos, tortilla, postre, café e licores. O prezo para non socios será de 15 € e 6 € para nenos ata 13 anos. O prazo para apuntarse remata o 2 de setembro. Os interesados poderán contactar no tfno. 649 57 13 60.
Os socios da peña decidirán ese día os desprazamentos para ir ve-lo Barça esta temporada. Barcelona, Xetafe e San Sebastián soan con forza, ademáis dos máis próximo Vigo, Coruña e Xixón.
Informar tamén que a peña ten aberto o prazo de alta...
leer más 28/08/2015
Faltan dúas semanas para que se celebre segunda edición da Media Maratón Ribadeo-As Catedrais e xa son 550 as persoas inscritas para participar. Así o anunciou esta mañá o alcalde, Fernando Suárez, que anima aos interesados a inscribirse, xa que o prazo para facelo segue aberto. O rexedor destacou a boa acollida da iniciativa e a participación de corredores de diferentes lugares do estado e mesmo do estranxeiro.
Suárez Barcia dixo que “está indo moi ben o número de inscritos, hai máis de 500, concretamente 550 inscritos. O que nos gusta é que esta carreira comeza a internacionalizarse, ademais de xente de Galicia, loxicamente, e de Asturias tamén, hai xente de Madrid, de Segovia, do País Vasco, algún de Sevilla, e tamén de Irlanda. Inscríbense porque queren vir aquí polo...
leer más 26/08/2015
O embalse de Riocobo acollerá o campionato de España de motonáutica por radiocontrol térmico os días 5 e 6 de setembro. Esta proba foi presentada polo alcalde de Cervo, Alfonso Villares Bermúdez; polo concelleiro de Deportes, José Ramón Soto Martínez; e polo representante da Federación Galega de Motonáutica José Soto Peña.
O concelleiro de Deportes cervense explicou que na competición participarán “lanchas cunha lonxitude aproximada duns 1,20 metros e que alcanzan ata os 120 quilómetros por hora. As probas distribúense en catro categorías: ata 3,5 centímetros cúbicos; de 3,6 a 7,5; de 7,6 a 15; e de 15,01 a 35. O número máximo de participantes por categoría non poderá ser superior a 15. Correranse tres mangas por categoría, das que puntuarán as dúas con mellores resultados...
leer más 25/08/2015
O III Open Padel San Bartolo terá lugar na pista municipal de Xove entre o 31 de agosto e o 6 de setembro, organizado pola Concellería de Deportes. O prazo para inscribirse está aberto ata o 29 de agosto e a participación é gratuíta. Pódese facer a través da web www.mistorneosonline.es ou na Oficina de Información Xuvenil (OMIX) do Concello de Xove.Haberá tres categorías, masculina, feminina e mixta e haberá premios para os finalistas de todas elas.
Os interesados poder atopar máis información nos teléfonos 658419871 e 607323941.
25/08/2015
El CD Burela FS Pescados Rubén será el anfitrión del I Torneo de Fútbol Sala ...E para Comer, Lugo, el viernes 28 y sábado 29 de agosto. Así lo dieron a conocer esta mañana, en su presentación, el presidente y el vicepresidente naranjas, Manuel Blanco y José Luis Sáez, en la sede de la Asociación Provincial de Empresarios de Hostelería de Lugo en la ciudad amurallada, acompañados por el responsable del área de Deportes de la Diputación de Lugo, José Manuel Yanes, y el presidente de la Apehl, Cheché Real, entre otros representantes de la asociación hostelera.
La bombonera reunirá un lujoso cartel en la rectal final de preparación del equipo de Daniel Ibañes para comenzar en las mejores condiciones la cuarta temporada naranja en la...
leer más 17/08/2015
O sábado, 22 de agosto, o Praias de Barreiros FS disputará un partido benéfico contra o Prone Lugo FS para recadar fondos a favor da Asociación Debra, que axuda a afectados pola doenza coñecida como “pel de mariposa”, pouco frecuente e incurable. O seu rasgo máis característico é a extrema fraxilidade da pel, de forma que ao máis mínimo roce lles provoca ampolas e feridas. A entrada única, para nenos e adultos, será de 2 euros e a cita é as 20 horas no Pavillón Municipal de Barreiros.
O evento organízao a Rede de Voluntariado Local coa colaboración do Concello de Barreiros, o Praias de Barreiros FS e o Prone Lugo FS.