Cursos
A aula Cemit do Vicedo organiza cursos para nenos gratuítos de mecanografía, ofimática, programación e internet. Serán os martes, mércores e xoves de 16:30 a 18:30 horas.
As prazas son limitadas e as persoas interesadas poden obter máis información sobre esta actividade na aula Cemit ou chamando ao teléfono 982.59.01.95.
O Concello de Cervo arrinca cos obradoiros infantís que xirarán sobre a temática do Entroido os días 5, 7 e 9 de febreiro -luns, mércores e venres- de 17:00 a 18:30 horas. Están dirixidos ás crianzas de entre 6 e 12 anos.
O luns 5 desenvolverase un obradoiro de máscaras Picasso, o do mércores 7 será de máscaras de cigarrón e o do venres 9 estará dedicado á creación dun photocall de Entroido.
Para participar inscriben na Casa da Cultura (teléfono 982.59.51.57).
A concelleira da Aula Universitaria da UNED Foz, Elena Martínez Pena, e a coordinadora da mesma, Marta Muiña Rodríguez, veñen de presentar a nova programación formativa para vindeiro mes de febreiro. Deron conta de cinco novas actividades, para as que xa está aberta a inscrición.
Para comezar propoñen participar na presentación do libro ESL Sentence Builders, o xoves día 1 de febreiro ás 19 horas. A docente focense Leticia Veiga achégase á aula da UNED de Foz a dar conta do libro do que é coautora, ESL Sentence Builders. Trátase dunha obra didáctica baseada nunha novedosa metodoloxía para a ensinanza de idiomas. Unhas semanas despois, do 19 de febreiro ao 18 de marzo, esta autora impartirá un dos cursos de extensión universitaria, no que expoñerá o uso desta innovadora didáctica, denominado Implantación da metodoloxía EPI (Extensive...
leer másO Centro de Formación e Experimentación Agraria Pedro Murias e o Concello de Ribadeo organizan talleres de poda e enxertía de froiteiras e de reprodución de vexetativa de plantas ornamentais Os de poda e enxertía terán lugar en febreiro e o de plantas ornamentais en abril.
Os talleres de poda e froiteiras serán o 19 de febreiro en dúas quendas, unha pola mañá e outra tarde: de 9 a 14 horas e de 16:00 a 20:00 horas. Os talleres de enxertía de froiteiras terán lugar o 27 de febreiro, tamén en dúas quendas, mañá e tarde e os mesmos horarios. E o de reprodución vexetativa de plantas ornamentais está previsto para o 2 de abril nunha soa quenda de 9 a 14 horas.
Na súa intervención o director do Centro de Formación e Experimentación Agraria Pedro Murias, Manuel Valín, subliñou “a colaboración que estamos tendo e que...
leer másA Asociación de Profesores de Automoción de Galicia inicia un proxecto europeo sobre hidróxeno verde aplicado principalmente a vehículos con outros tres socios de Turquía, Italia e Portugal. A primeira xuntanza de traballo terá lugar a principios do vindeiro mes de febreiro en Lisboa.
O presidente de Apaga, Álvaro Doural, contou que “neste momento, dentro do proceso de internacionalización que levamos a cabo desde hai uns anos, imos poñer en marcha agora, a inicios de 2024, un proxecto de innovación sobre o hidróxeno verde aplicado principalmente a vehículos. Preténdese elaborar unha serie de documentación e unha hidroxenera. É unha aposta moi clara polo tema do hidróxeno nos vehículos”.
Doural explicou que “imos traballar con 4 socios: un de Turquía; outro de Italia, concretamente da zona de Maranello, onde está...
leer másA aula da Casa da Cultura de A Pontenova acollerá un curso de auxiliar de axuda no domicilio, cunha duración de 480 horas. Está organizado polo Concello de A Pontenova e a Federación de Asociacións de Mulleres Rurais de Galicia (FADEMUR).
As persoas interesadas en participar deben anotarse antes do 24 de xaneiro contactando con Verónica ou Mari Carmen nos teléfonos 617.67.68.79 e 629.37.62.42 respectivamente.
O obradoiro Control e xestión da dor terá lugar o vindeiro día 16 de febreiro ás 10:30 horas na aula Omix do Centro Sociocultural de Alfoz.
Durante o obradoiro proporcionaranse habilidades e coñecementos necesarios para mellorar a calidade de vida das persoas que presentan dor aguda e crónica, así como información sobre diferentes alternativas para a avaliación e tratamento da dor.
As persoas interesadas en inscribirse na actividade poden facelo ata o 9 de febreiro, presencialmente no Concello de Alfoz ou no teléfono 982 55 80 01.
O obradoiro, impartido por Enrique del Arco Herrero, realízase en colaboración coa Escola Galega de Saúde.
A Casa da Xuventude do Concello de Burela albergará un novo obradoiro do ciclo “Ciencia á feira” este venres, 19 de xaneiro. Versará sobre a xestión sustentable da auga e comezará ás 11:30 horas.
As actividades realizaranse coincidindo coa feira municipal, que ten lugar os venres, e no propio mercado de Burela repartirase material didáctico sobre o tema.
O ciclo “Ciencia á feira” está dirixido tanto ao alumnado dos institutos como á cidadanía en xeral e ten como obxectivo achegar temas de interese científico á sociedade.
A Escola Vella de Rinlo (Ribadeo) acollerá un obradoiro sobre a historia do tango este domingo, 21 de xaneiro, a partir das 18:00 horas. Correrá a cargo do bandoneonista Damián Foretic e está organizado pola asociación cultural A Tribu da Travesía coa colaboración do Concello de Ribadeo.
Os promotores desta actividade explican que “este obradoiro ofrece unha presentación das pauta básicas para escoitar, comprender e disfrutar o tango arxentino. Dirixido a músicos, estudantes de música, persoas afeccionadas e calquera que teña interese neste xénero. Durante este obradoiro, mediante audio exemplos, iremos destilando e diferenciando a sonoridade de cada orquestra e tamén os aspectos formais que compartían, para así lograr unha idea máis acabada dos compoñentes que conforman un tango tradicional. Durante todo o seu desenvolvemento, o tango...
leer más