A Asociación de Desenvolvemento das Terras da Faladora Nordés organiza un novo vídeo faladoiro, titulado Un machado de hai 3000 anos nas Negradas (O Vicedo), que terá lugar este sábado, 9 de maio, ás 19:00 horas.
Ofrecerá esta conferencia o cariñés Lois Armada, arqueólogo que está a traballar pola recuperación e posta en valor do patrimonio inmemorial das bisbarras do Ortegal, A Mariña, a península ibérica en xeral e, incluso, alén dos Pirineos.
Lois Armada falará dun machado da Idade do Bronce que foi atopado por Federico Maciñeira no 1906, no lugar de Morgallón (Negradas-O Vicedo).
A actividade poderá seguirse a través do Jitsi Meet, onde se terá oportunidade de actuar directamente, previa anotación; ou en directo na canle de Youtube, o mesmo sábado.
Para participar é preciso anotarse en asociación.noredes@gmail.com ou enviando unha mensaxe ou chamando ao 620 417 848. O prazo remata o venres, 8 de maio, ás 14:00 horas, e ese mesmo día enviarase un enlace para o sábado. Ademais o venres 19:00 horas farase unha proba de conexión para ver que todo funciona correctamente.