Certámenes
O Concello de Lourenzá convoca un concurso de poesía co gallo do Día das Letras Galegas.
O concelleiro de Cultura, Manuel Arango Ron, explica que “este concurso está dirixido a persoas de todas as idades, divididas en tres categorías: ata 9 anos, de 9 a 14 anos e máis de 14 anos. Establécese un premio para cada categoría, consistente en 50 euros e unha figura institucional”.
Manuel Arango engade que “o prazo de entrega dos traballos, que deben presentarse na biblioteca municipal, remata o 14 de maio. As bases do concurso aparecen colgadas na páxina web do Concello”.
Ya se conocen los nombres de los ganadores del XI Concurso Fotográfico Día del Padre, organizado por Acisa Ribadeo. La presentación de trabajos en el facebook de la asociación tuvo lugar del 6 al 19 de marzo así como las votaciones de las imágenes.
El primer premio con el título Que la vida nos acompañe toda la vida juntos, es para Ricardo López Fernández por una fotografía hecha en La Lira. El ganador se llevará una cámara fotográfica FHD HDR-AS50B Black Sony valorada en 250 euros. El segundo premio con el título Papá es el mejor maestro es para Igor Rodríguez Gómez por una fotografía hecha en el bar Galicia. Recibirá 60 euros en vales de compra de Acisa. Y el tercer premio con el título De tal pai, tal filla es para Antía Vázquez Gómez por una fotografía hecha en Galipizza. Será obsequiada con 40 euros en vales de compra de Acisa.
... leer másO Concello de O Valadouro organiza un concurso de fotografías sobre o Mercado de Primavera. Os participantes deben subir ao seu Facebook ou Instagram imaxes de anteriores edicións do evento co cancelo #MercadoPrimavera21 e etiquetar ao Concello de O Valadouro.
Hai tres premios: de 100, 50 e 30 euros. Deben gastarse no comercio e hostalería local do Valadouro.
O prazo para participar remata o 25 de marzo ás 23:59 horas e o fallo do xurado publicarase o 27 deste mes ás 17:00 horas.
A Concellería de Inmigración, Cooperación e Integración convoca a sétima edición dos Concursos de Lemas e Debuxos e Pintura con motivo da conmemoración do Día Internacional para a Eliminación da Discriminación Racial que se celebra o 21 de marzo.
A edil Noelia Mª Ben explica que “os obxectivos destes certames son transmitir, a través de mensaxes curtas ou debuxos, a importancia da educación en igualdade e a necesidade de eliminar a discriminación racial, así como a súa prevención. As bases para poder participar nestes concursos están a disposición das persoas interesadas na sede electrónica do Concello de Burela”.
Os traballos terán que ser inéditos, o prazo de presentación remata un mes despois da publicación das bases no BOP de Lugo e poderán entregarse presencialmente no Rexistro Municipal ou a través de correo...
leer másNo Concello de Burela presentouse este mediodía o 1º Certame Galego de Videoclips Musicais Music@rte no que poderán participar as escolas de música, conservatorios e centros de ensino musical públicos e privados de toda Galicia. Establécense catro premios: Mellor videoclip inédito dotado con 500 euros; Mellor videoclip cover con 250 euros; Mellor videoclip en galego con 250 euros e Mellor videoclip elixido polo público con 200 euros. O prazo de presentación de traballos remata o 20 de xuño de 2021. No acto de presentación participaron o alcalde, Alfredo Llano, o concelleiro de Cultura, José Díaz, o director da Escola de Música de Burela, Xan Carballal, e a actriz barreirense e membro do xurado deste Certame Estíbaliz Veiga.
O concelleiro de Cultura, José Díaz, explicou que “el certamen va enfocado a escuelas...
leer másO vindeiro domingo, 21 de marzo, conmemórase o Día Forestal Mundial, o Día da Árbore, unha data tradicionalmente marcada no calendario da delegación de Medio Ambiente coa programación de actividades que redundan na preservación da nosa contorna.
O Concello de Cervo, a pesar da situación excepcional que vivimos, quere seguir a carón da comunidade educativa, promovendo accións que redunden no coidado e na protección do Medio Ambiente. Deste xeito promove unha actividade didáctica dirixida ao alumnado de primaria do CEIP de Cervo e do CEIP Península da Paz baixo o título: Unha árbore, un fogar. Trátase dun concurso de debuxo.
Desde o Concello indican que “unha árbore non é só unha planta tamén é o fogar de moitos seres vivos como: paxariños, que fan o niño na súa copa; insectos que viven no seu tronco, fungos que medran nas súas raíces ou...
Convocado polos Concellos de Meira e Riotorto coa colaboración da Asociación Cultural “Avelino Díaz".
O Certame foi adiado sucesivamente á espera de que a situación sanitaria se normalizase, establecéndose o remate do prazo definitivo de presentación de orixinais para o 22 de maio de 2021.
Establécense 4 categorías: de 3 a 8 anos; de 9 a 12 anos; de 13 a 17 anos; e de 18 en diante. Os premios serán figuras conmemorativas, diplomas e material escolar para as tres primeiras categorías e no caso da de adultos haberá tamén premios en metálico.
O fallo do xurado darase a coñecer a primeira semana de xuño
Máis información en www.poetaavelinodiaz.gal
Acisa Ribadeo convoca a XI edición do Concurso Fotográfico Día do Pai. A presentación de traballos poderá facerse ata o 19 deste mes. As imaxes deberanse subir á páxina de facebook da asociación. Desde Acisa lembran que as fotos deben tomarse nos negocios asociados.
As bases do concurso recollen que as fotos presentadas non puideron ser publicadas previamente en revistas, xornais, libros impresos ou sistemas online. Tampouco puideron ser obxecto de ningún outro premio fotográfico. As imaxes elixidas deben ter unha resolución 2MPX (1920X1080) para a súa posterior impresión e exposición. As instantáneas deberán ser tomadas nun establecemento asociado a Acisa Ribadeo, buscando unha simbiose entre a relación pai e fillo e o feito de mercar no comercio local. E sempre que sexa posible deberá indicarse o nome do establecemento onde se fai a...
leer másViveiro continúa coas actividades con motivo do Día Internacional da Muller. O concurso de fotografía "Traballos e Mulleres" diríxese a fotógrafos/as aficionados que deberán presentar fotografías sobre a temática da muller e do traballo, tanto no ámbito público como privado.
O Concello de Viveiro pretende con este concurso visibilizar o papel feminino en todos os sectores da nosa sociedade.
Concederanse tres premios, de 300, 150 e 100 euros, ademais dun galardón á obra máis votada polo público de 100 euros.
Os participantes xa poden compartir as súas imaxes. As persoas interesadas deben dirixirse á web https://fotografia.traballosemulleres.com/ cubrir o formulario cos seus datos e subir a fotografía coa que desexen participar. Na...
leer másA Asociación de Axuda ao Enfermo Mental A Mariña convoca o I Certame de Logotipo das Galletas Mariñas para crear a imaxe do novo produto elaborado ao abeiro do proxecto de integración na comunidade “Mental Health Chefs”, “Cocineros de la Salud Mental”.
As bases están depositadas ante notario e pódese acceder a elas tamén a través do Facebook, Instagram e páxina web da entidade.
O premio será de 600 euros para o gañador e os participantes terán ata o próximo 30 de abril ás 23:59 horas para entregar os seus traballos.