O Concello de Cervo conmemora o Día Forestal Mundial coa convocatoria do concurso de debuxo "Unha árbore, un fogar".

O vindeiro domingo, 21 de marzo, conmemórase o Día Forestal Mundial, o Día da Árbore, unha data tradicionalmente marcada no calendario da delegación de Medio Ambiente coa programación de actividades que redundan na preservación da nosa contorna.
 
O Concello de Cervo, a pesar da situación excepcional que vivimos, quere seguir a carón da comunidade educativa, promovendo accións que redunden no coidado e na protección do Medio Ambiente. Deste xeito promove unha actividade didáctica dirixida ao alumnado de primaria do CEIP de Cervo e do CEIP Península da Paz baixo o título: Unha árbore, un fogar. Trátase dun concurso de debuxo. 
 
Desde o Concello indican que “unha árbore non é só unha planta tamén é o fogar de moitos seres vivos como: paxariños, que fan o niño na súa copa; insectos que viven no seu tronco, fungos que medran nas súas raíces ou mesmo outras plantas máis pequenas que se desenvolven ao longo da súa estrutura. Unha árbore está habitada dende a copa ata a raíz”.
 
E engaden: “¿cómo imaxinas esta familia? Móstranolo a través dun debuxo”.
 
Os traballos serán recollidos este xoves, 18 de marzo, nos colexios do concello.
#díaforestalmundial #díadaárbore