Percebes
O 3 de agosto celebrarase a XVI Festa do Percebe de Rinlo, que foi presentada esta mañá a carón das vellas cetáreas. En total vanse poñer á venda, na carpa da organización, 750 quilos deste produto e o prezo da ración será de 13 euros. Como novidade haberá visitas guiadas ás antigas cetáreas de Rinlo, unha pola mañá e outra pola tarde, e tamén un vaso conmemorativo deste evento gastronómico.
O alcalde de Ribadeo, Fernando Suárez, declarou que “é a décimo sexta edición da Festa do Percebe de Rinlo, van máis de tres lustros desde esta idea que xurdira do Concello de Ribadeo nos primeiros anos, e despois foi trasladada á confraría de pescadores, singularmente a esta agrupación de percebeiros e percebeiras que a compoñen. Durante todo este tempo estiveron facendo unha festa que atrae a moitísima xente, que se fai no mellor da época estival,...
leer másO programa de actos dará comezo ás 12:00 horas, na praza do Concello, coa actuación da charanga Os Charangos e Disco Móbil. Ás 12:30 horas presentarase Acuario, obra de teatro coa que descubrir a riqueza biolóxica e gastronómica do litoral xovense. Ás 13:30 horas haberá un obradoiro de chapas, na praza do Concello ou, en caso de mal tempo, no salón de actos municipal, con entrada de balde ara completar aforo.
Non faltará como é habitual a tradicional degustación deste exquisito produto e doutros manxares desta terra.
Ademais ata o día 28 de xullo, na Sala de Exposicións do Concello, pode visitarse a mostra O percebe e o seu ecosistema, en horario de 10:00 a 21:00.
O evento está organizado polo Concello de Xove, a asociación de festexos A Medorra, o Grupo de Acción Local do Sector...
leer másComeza unha semana de intensa actividade cultural en Ribadeo, segundo ven de anunciar o concelleiro Farruco Graña.
O edil nacionalista contou que “o xoves, 2 de agosto, no Auditorio Hernán Naval, ás 21 horas temos concerto de piano a cargo do ribadense Guillermo Cruzado. Vai interpretar obras de Beethoven, Chopin, Shubert ou Isaac Albéniz. Este vai ser xa o seu segundo concerto en Ribadeo. Guillermo Cruzado estuda piano no Real Conservatorio de Música de Madrid. Ten recibido formación musical de carácter complementario da man de prestixiosos mestres como Ricardo Requejo e José María Colón, deste último nos cursos internacionais de Música en Compostela. Este concerto será o xoves, 2 de agosto, ás nova da tarde no Auditorio Hernán Naval. Haberá un prezo único para todas as persoas asistentes: 3 euros”.
Graña...
leer másIntenso está a ser o verán en Xove. Numerosas son as actividades que se están desenvolvendo, así como importantes son as citas que imos ter nos vindeiros días.
Enredar para Aprender – Mañáns de Verán.
Dirixido a xoves de entre 10 e 16 anos, contamos coa colaboración de cinco voluntarios/as xuvenís; o mesmo estase a desenvolver durante os meses de xullo e agosto. As actividades que se están realizando, son:
-Xogos no Exterior, coa recuperación de xogos populares orixinais.
-Cociñarte, ou a arte de cociñar receitas sinxelas.
-Recuncho de Tarefas, para desenvolver a creatividade.
-Ocio Alternativo, con E-Maker, S. Robótica e Minecraft.
-Educación Vial, para educar á mocidade na seguridade vial.
-Tics, actividades dentro do mundo da informática.
O vindeiro sábado, 12 de agosto, vaise celebrar a décimo cuarta edición da Festa do Percebe de Rinlo. O evento foi presentado este mediodía nese peirao.
O alcalde de Ribadeo, Fernando Suárez, comentou que “este vindeiro sábado, día 12 de agosto, volve a Ribadeo, particularmente volve a Rinlo, esta parroquia pequena, pero tan marabillosa que temos aquí en Ribadeo, a Festa do Percebe de Rinlo. Este evento que creamos hai uns anos, pero que está absolutamente consolidado e que é unha referencia de moitísima xente tanto de Rinlo, de Ribadeo e de moitos quilómetros á redonda, que non queren perder este evento de exaltación do percebe, e sobre todo de exaltación de Rinlo, esta parroquia pequeniña, pero dinámica ao mesmo tempo”.
O rexedor salientou que “a agrupación de percebeiras, que pertence á confraría de pescadores...
leer más